Agradecementos:

Grazas a tódolos que antes ca nos fixeron blogues e nos deron as súas ideas e o seu traballo, a os plambeeiros, e especialmente a tódolos participes desta aventura, e a ti pola túa visita. Grazas

"Cuanto menos se lee, más daño hace lo que se lee."
Miguel de Unamuno.

El verbo leer, como el verbo amar y el verbo soñar, no soporta 'el modo imperativo'.
Jorge Luis Borges

"Que otros se jacten de las páginas que han escrito; a mí me enorgullecen las que he leído”.
Jorge Luis Borges.

“Un libro abierto es un cerebro que habla; cerrado, un amigo que espera; olvidado, un alma que perdona; destruido, un corazón que llora”.
Proverbio Indú
.

"Lee y conducirás, no leas y serás conducido"
Santa Teresa de Jesús.

martes, 23 de noviembre de 2010

20 DE NOVEMBRO DIA MUNDIAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

O día 20 de Novembro celebrouse o día mundial dos dereitos da infancia. É un bo momento para lembralos, e lembrarnos daqueles que se atopan desprotexidos.
Buscamos unha serie de materiais para poder traballalos. Aquí vos deixo algúns:
Recopilación de materiais  do CEIP Víctor Sáenz
Recursos para o traballo de aula da Constitución Española
O libro El Cazo de Lorenzo da Biblioteca Escolar Víctor Sáenz
Os dereitos do neno en Educared

Os nenos e nenas de terceiro de primaria recordarán esta canción, xa que a traballaron durante o primeiro trimestre, do curso pasado, coas profes Carmen, Lucía e Mari Carmen de cara ao festival de Nadal. 





miércoles, 17 de noviembre de 2010

Outra forma de escoitar

O rapeiro alicantino presentanos este novo tema "Hoy converso con Miguel" composto por versos do poeta Miguel Hernández,e en tributo a este por mor da celebracion do centenario do nacemento do poeta e dramaturgo español.



Para saber máis sobre Miguel Hernández

Para saber máis sobre Nach

lunes, 15 de noviembre de 2010

Outra forma de ler "El Quijote"

Gracias a estar incluidos na rede de Bibliotecas Escolares do Plambe podemos recibir unha gran cantidade de información que vos queremos ir presentando.
Unha desas informacións é un enlace coa Biblioteca Nacional que vos deixo aqui. Non só é un exemplar del Quijote senón que tamén podemos escoitar a música da época e atopar información sobre a historia, a sociedad, a política,....
É un traballo moi interesante. Para velo so tes que facer clic no título desta nova.

AS PROFES DE EDUCACIÓN INFANTIL Carmen e Silvia Crearon este Xogo para vos

Se queredes xogar premede aquí

domingo, 14 de noviembre de 2010

Luís García Berlanga

Deixounos un dos máis importantes directores de cine español. Luis García Berlanga amosounos cun humor cheo de retranca os momentos máis duros da posguerra española a través de películas como "Bienvenido Mr. Marshall" (1953) ou "Calabuch"(1956); incluso nos anos posteriores tivo que amosar unha gran habilidade para esquivar a unha dura censura por parte da dictadura en películas como "Plácido" (1961) ou "El Verdugo"(1963).
Recentemente deixounos este vídeo no que colabora cunha campaña de Médicos sen Fronteiras na loita contra as enfermidades esquecidas no mundo.

martes, 9 de noviembre de 2010

MARIO VARGAS LLOSA PREMIO NOBEL DE LITERATURA.

Para saber algo dos Premios Nobel 
Concedido por primeira vez o 10 de decembro de 1901, os premios son financiados por xuros vencidos sobre un fondo fiduciario referido no testamento do químico, inventor  e filantropo sueco  Alfred Bernhard Nobel.

Os Premios Nobel son asignados anualmente aos individuos, institucións ou organizacións  polas súas contribucións extraordinarias efectuadas durante o ano anterior nas áreas de Física, Química, Fisioloxía ou Medicina, Literatura, Paz e Economía. O Premio Nobel de Literatura, é concedido pola Academia de Estocolmo.

Ademais do premio económico, tamén o gañador do Premio Nobel recibe unha medalla de ouro e un diploma co seu nome e país que acadou tal distinción.


Mario Vargas Llosa recibe o Premio Nobel de Literatura:
Mario Vargas Llosa é un nome de referencia na literatura en castelá. No seu haber tamén están o Premio Cervantes e Príncipe de Asturias. o Nobel é o premio a unha vida adicada á Literatura sendo autor de obras como A Cidade e os Cachorros, A Festa do Bode ou Pantaleão e as visitadoras, entre moitos grandes novelas. En España é celebrando con alegría, por 20 anos dende que un autor español foi concedida, foi Octavio Paz en 1990.
Na nosa biblioteca xa contamos coa que cremos é a súa única obra adicada aos nenos: "Fonchito y la luna".







Gañadores do concurso "LER E ESCOITAR"

Os gañadores do concurso "Ler e escoitar" a nivel do noso centro, e que poderán participar a nivel autonómico, no que competirán con centros de toda Galiza, son:

De 5º A: Gabriela e Claudia.
De 5º B: Xoán Carlos.
De 6º A: Julia, Alejandra, Nuria, Uxía e Sergio.
De 6º B: Kevin, Julián e Jose Manuel.

Desexámosvos moita sorte.

lunes, 8 de noviembre de 2010

Centenario do nacemento de Miguel Hernández

Miguel Hernández é considerado coma o poeta do pobo.



Para máis información clica no título.

jueves, 4 de noviembre de 2010

Bicentenario do nacemento de F. Chopin

F. Chopin é considerado un dos pianistas e compositores máis importantes e influíntes.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...