Agradecementos:

Grazas a tódolos que antes ca nos fixeron blogues e nos deron as súas ideas e o seu traballo, a os plambeeiros, e especialmente a tódolos participes desta aventura, e a ti pola túa visita. Grazas

"Cuanto menos se lee, más daño hace lo que se lee."
Miguel de Unamuno.

El verbo leer, como el verbo amar y el verbo soñar, no soporta 'el modo imperativo'.
Jorge Luis Borges

"Que otros se jacten de las páginas que han escrito; a mí me enorgullecen las que he leído”.
Jorge Luis Borges.

“Un libro abierto es un cerebro que habla; cerrado, un amigo que espera; olvidado, un alma que perdona; destruido, un corazón que llora”.
Proverbio Indú
.

"Lee y conducirás, no leas y serás conducido"
Santa Teresa de Jesús.

martes, 21 de diciembre de 2010

UNHA ESTADÍSTICA DA NOSA BIBLIOTECA

    Coa chegada das vacacións do Nadal, tal e como facemos sempre, aproveitamos para recoller tódolos libros emprestados e facer balance das actividades da biblioteca.
  
  Quedamos gratamente sorprendidos cando, ao facer o reconto dos préstamos realizados neste primeiro trimestre, comprobamos que se tiñan feito  ¡ 1169 préstamos neste primeiro trimestre !  Tendo en conta que no noso centro están matriculados algo menos de 300 alumnos e alumnas, case que se da unha media de catro libros por alumno/a. Eso sin ter en conta ao alumnado que levou ás maletas viaxeiras, que por certo tan boa acollida tivo neste curso (máis de 60 alumn@s leváronnas ás súas casas). De feito á volta do Nadal comezarán a viaxar tres novas maletas, aínda que neste caso serán mochilas. Tamén quero aproveitar para agradecer a todos as vosas aportacións nos diarios das maletas viaxeiras.
  
  Estes datos supoñen para nós un importante pulo para seguir co traballo da biblioteca. Grazas a todo equipo da biblioteca, aos colaboradores e a toda a comunidade escolar que dalgunha forma colaboráchedes con nós no fomento da lectura.

    Aquí tedes a lista dos libros máis emprestados neste trimestre:

- La fiesta de cumpleaños de Franklin.
- La momia sin nombre.
- Un detective en el museo.
- Kika superbruxa e a cidade asolagada.
- El tesoro perdido de la cueva del dragón.
- El congreso de los ratones.
- Depredadores.
- El espacio.
- Insectos y arañas.
- ¡Navega, caracol!

Noraboa aos premiados.



O equipo da biblioteca do cole quere felicitar aos premiados co III Premio do Ministerio de Educación no "concurso nacional de buenas prácticas para la dinamización e innovación de las bibliotecas escolares". É importante salientar que o Ministerio de Educación concede un primeiro premio, tres segundos e cinco terceiros, é dicir, entre nove premiados de todo o ámbito do estado, na categoría de Educación Infantil e Primaria CINCO son galegos. E entre os nove premiados na categoría de Educación Secundaria tres son galegos. Esta é a relación dos centros premiados.



 
PREMIOS INFANTIL / PRIMARIA
1º PREMIO
·        CRA Mestra Clara Torres.Tui (Pontevedra)

2º PREMIO
·        CPI Tino Grandio. Guntín (Lugo)
·        CEIP de Cervo. Cervo (Lugo)

3º PREMIO
·        CEIP Os Muíños. Muxía (A Coruña)
·        CEIP Quintela. Moaña (Pontevedra)


PREMIOS SECUNDARIA
2º PREMIO
·        IES de Fene. Fene ( A Coruña)
     IES Monterroso.Monterroso (Lugo)

3º PREMIO
·        IES Manuel Antonio. Vigo (Pontevedra)

martes, 14 de diciembre de 2010

CHEGOU O NADAL

Chegou o Nadal e dende a Biblioteca Curicuxa preparounos unha exposición de libros relacionados con estas datas. Aquí tedes algúns:

Tamén a profe Carmen preparou un xogo sobre o Nadal. Agardamos que vos guste.



Susa Herrera e Mama Cabra cantan un bonito conto de Nadal:



Son moitas as páxinas ás que podedes ir para ler sobre o Nadal:
- Curiosidades do Nadal.
- Los Reyes Magos.
- Papa Noel.

Si queredes escoitar algunhas panxoliñas, aqui podedes:
- Con un sombreiro de palla.
- Vinde ver o neno.

jueves, 2 de diciembre de 2010

UNHA REFLEXIÓN SOBRE A DIVERSIDADE

Ás veces un libro, unha película, unha fotografía ou unha imaxe fainos reflexionar sobre un feito importante, que por non ser protagonistas directos, pasamos diante del sen ser realmente conscientes da súa relevancia. Esto é o que conqueriu Jerome Ruiller co seu libro "Por cuatro esquinitas de nada". Aconséllovos lelo. Por si non o topades aquí podedes velo:

Unha antiga tradición galega do Nadal: O APALPADOR

Quen é o Apalpador?

O vello Apalpador, ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.
O Apalpador
Para tranquilizar aos rapaces, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantáballes
Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...