martes, 27 de diciembre de 2011

domingo, 18 de diciembre de 2011

BO NADAL

    O equipo da biblioteca do cole queremos desexarvos un bo Nadal e un próspero aninovo.
    Podedes consultar varios enlaces sobre o Nadal:












O APALPADOR

miércoles, 7 de diciembre de 2011

UN COMIC COAS NORMAS DA BIBLIO

    Os colaboradores da biblioteca prepararon este cómic coas normas da biblioteca. Pareceunos mellor idea facelas así, que as podedes consultar nas vosas casas ou no cole e así evitamos un consumo de papel e fotocopias que entre a crise e o respeto ao medio ambiente non andan as cousas como para facer unha chea de fotocopias. Agardo que vos guste.


jueves, 1 de diciembre de 2011

PREMIOS BOAS PRÁCTICAS

Parabéns a todos e especialmente ao CEIP A Lama 


Acaba de chegarnos a comunicación do Ministerio cos premios nacionais de boas prácticas correspondentes ao ano 2011. As bibliotecas escolares galegas seguen a ser recoñecidas.
Modalidade A (centros de infantil, primaria, educ. especial e educación de persoas adultas):
1º premio, CEIP A LAMA, de A Lama, Pontevedra.
2º premio: CEIP CONDESA DE FENOSA, de O Barco, Ourense.
3º premio: CRA DE RIBADUMIA, Ribadumia, Pontevedra
3º premio: CEP XOSÉ MARÍA BREA SEGADE, de Taragoña-rianxo, A Coruña
Modalidade B (centros de ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e escolas de idiomas):
3º premio: IES DE CELANOVA, Celanova, Ourense.
3º premio: IES ALEXANDR BÓVEDA, de Vigo, Pontevedra.
Como vedes, 6 novos galardóns. Non temos aínda o listado total, pero segundo nos din do ministerio, volve ser a comunidade máis premiada.

Recursos educativos sobre a Constitución

    Nesta páxina podedes atopar diferentes recursos para coñecer máis sobre a nosa Constitución, xa que pronto cumplirá 33 anos . Podemos topar o texto íntegro, unha versión adaptada para nenos e nenas, unha presentación adaptada e xogos para traballar os diferentes artigos.



lunes, 28 de noviembre de 2011

CAFÉ DULCE, CAFÉ AMARGO

O NOSO NON É O ÚNICO MUNDO.

Café dulce, café amargo on PhotoPeach

CONVOCASE UN CONCURSO DE CONTOS BREVES DE NADAL

    Convocamos un novo concurso de contos que ten como tema o Nadal. Perdoade pola tardanza en poñer o aviso no blog, aínda que xa todos coñecedes a convocatoria do concurso. A extensión máxima dos traballos debe ser de dous folios e o tema é o Nadal. Poderedes incluír algunha ilustración. Os traballos debedes entregalos aos/ás vosos/as titores/as antes do 14 decembro.


domingo, 27 de noviembre de 2011

viernes, 25 de noviembre de 2011

UN VIDEO PARA PENSAR O 25 DE NOVEMBRO

    Si o vemos con atención seguro que sacaremos grandes conclusións:


UNHA GRAN IDEA. DAME VIDA.

   Por 15 minutos de xogo temos enerxía positiva, escoita a HUECCO:


lunes, 21 de noviembre de 2011

Temos un novo LIM (Libro Interactivo Multimedia) para xogar e aprender

    As Profes Mili e Chus crearon un novo LIM para xogar e aprender moito sobre as froitas. Aquí o tedes:

miércoles, 16 de noviembre de 2011

UN LIM (Libro Interactivo Multimedia) sobre o CORPO HUMANO

    A profe Carmen de Ed. Infantil preparounos un LIM sobre o corpo humano para poder aprender as súas partes, especialmente da cara e os órganos dos sentidos.


GRAZAS PROFE CARMEN


Xa temos gañadores do concurso de contos do Samaín

Grazas a todos por participar. Foi moi difícil escoller a tres gañadores, xa que foron moitas e moi boas as historias do Samaín que nos entregáchedes. Entre elas as tres seleccionadas foron:
. Unha noite de treboada. Autor: Iago Ventín Amoedo.
. Misterio no bosque. Autor: Joaquín Solla Vázquez.
. Terror no colexio. Autor: Manuel Estévez Murado.
As súas historias podedes lelas no blog no apartado adicado aos nosos escritores (ao final das novas).

Iago Ventín Amoedo

Joaquín Solla Vázquez

Manuel Estévez Murado

martes, 8 de noviembre de 2011

POEMAS DO SAMAÍN

    Os/as alumnos/as de sexto fixeron uns poemas sobre o Samaín. Vale a pena velos, pero lembrade que podedes lelos na biblioteca do cole:









A profe Mili cos seus nenos tamén preparou un conto sobre o samaín


A profe Carmen cos seus alumnos/as tamén nos regala esta historia da Pantasma Pillabana:

jueves, 20 de octubre de 2011

O SAMAÍN

Ademáis do concurso, da información e dalgún LIM tamén podemos escoitar cancións do SAMAÍN que seguron vos van gustar moito:









Tamén podemos escoitar esta canción do conto "Corre Corre Cabaciña"

martes, 18 de octubre de 2011

1º Concurso de contos sobre o SAMAÍN



 1º CONCURSO DE CONTOS DO SAMAÍN


Ola son CURICUXA:
O equipo da Biblioteca convoca un concurso de contos de cara á celebración do SAMAÍN. O tema dos contos será “o medo, as supersticións, as bruxas, as pantasmas,…”
Poderá participar todo o alumnado do cole en dúas modalidades:
-   Ed. Infantil e 1º Ciclo de Ed. Primaria: participará elaborando un conto por aula en formato A 3.
-   2º e 3º Ciclo de Ed. Primaria: a participación será a nivel individual. Cada alumna/o poderá entregar un conto en formato A 4 cunha extensión máxima de dous folios nos que se pode incluír unha ilustración. O texto terá deberá ser en lingua galega.
Os traballos entregaránse aos respectivos titores antes do 29 de Outubro.
As historias gañadoras serán publicadas no blog da biblioteca. Entregaranse os seguintes premios:
-    Primeira categoría (Ed. Infantil e 1º Ciclo de Ed. Primaria) : un primeiro premio.
-    Segunda categoría (2º e 3º Ciclo de Ed. Primaria): tres premios a determinar (SORPRESA)

(Grazas á Escola de Casalonga do CRA DE TEO polo seu LIM do OUTONO E SAMAÍN)


miércoles, 5 de octubre de 2011

PROMOCIÓN DA ESCOLA PÚBLICA

    Nos tamén queremos facer promoción da escola pública, da nosa escola, de todos.



lunes, 3 de octubre de 2011

CHEGA O OUTONO

    Aínda que non o pareza, xa chegou o outono. Comezaron a caer as follas das árbores, xa podemos recoller castañas,..
    Aquí tedes unha canción de Emilio Cao baseada nun poema de Uxío Novoneyra.





Este poema tamén nos fala do outono:

VEN ONDA NÓS O OUTONO

DACABALO DO AIRE;

NOS CAMIÑOS DA FRAGA

OS OURIZOS XA ABREN.

SÍNTOO CHEGAR CONTENTO

DA ETERNA VIAXE

                           ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS                           

       ESTREANDO FRIAXE.                

ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”












OS FROITOS DO OUTONO






Mirade unha reportaxe sobre o esquío.

miércoles, 27 de julio de 2011

PÁXINA ADICADA AOS CONTOS

Aconséllovos que visitedesesta páxina. Está adicada á lectura dun xeito interactivo onte ti tamén participas no desenrolo da historia.

É moi interesante a parte adicada aos contos populares. Levaraste unha sorpresa!

Para acceder a ela so tes que facer clic  AQUI

Anímate a ler

   Esto é o que nos fai sentir unha boa lectura:


domingo, 10 de julio de 2011

PARABÉNS AO CEIP A LAMA

Os nosos parabéns para o CEIP A LAMA polo seu traballo. Esta é unha moi boa ocasión para dar a coñecer o traballo que se está realizando dende os centros educativos. Nalgúns casos este traballo é tan bo que mereceu un recoñecemento a nivel nacional. Con tal motivo os que estamos preto e que levamos tempo vendo o que se esta a facer no CEIP  A  LAMA a través do seu blog  O RECANTO DE LEO comprobamos que o traballo ben feito sempre é recoñecido.
Aquí vos deixo o texto íntegro que aparece na páxina da Consellería de Educación.
"O centro virtual LEER.ES, do Ministerio de Educación, vén de conceder os seus "selos de boas prácticas" correspondentes ao mes de xullo. Novamente, unha biblioteca escolar galega acada esta distinción que vén recoñecer un traballo ben feito no ámbito da lectura e a innovación educativa. O CEIP A Lama (A Lama, Pontevedra) desenvolveu este ano un PDI (Proxecto Documental Integrado) arredor do tema da auga. Lectura, investigación, aprendizaxe significativa, metodoloxías adaptadas ao alumnado, ás formas de aprender na sociedade da información, relación co medio, comunicación, interdisciplinariedade... entusiasmo, profesionalidade e aproveitamento dos recursos culturais e do medio. Parabéns ao profesorado responsable deste proxecto e á biblioteca escolar que lle dá apoio e soporte a este tipo de actividades."

miércoles, 6 de julio de 2011

COMEZARON AS OBRAS NA BIBLIOTECA

A finais de xuño comezaron as obras de ampliación da biblioteca. Agardamos que o próximo curso poidamos contar cun espazo máis amplo e acolledor no que disfrutar da lectura.


domingo, 26 de junio de 2011

COIDA GALICIA. COIDA ATA O ÚLTIMO RECANTO DESTA TERRA.

Este é un video clip fantástico sobre a beleza da nosa terra, da que nos prestaron os nosos pais e nais que nos debemos devolver aos nosos fillos e fillas. Así que:

lunes, 20 de junio de 2011

YO SERÉ LOS OJOS DE LA TIERRA


 Contamos na nosa biblioteca con este extraordinario álbum ilustrado. Aconséllovos a súa lectura non só pola gran beleza das súas imaxes ou polas magníficas ilustracións senón polos seus textos que nos fan pensar (sei que podo ser un pouco pesado co de pensar) sobre o noso planeta e o seu futuro.
Yo seré los ojos de la Tierra,Texto de Alain Serres,
Ilustracións de Zaü e fotografía de Altitude
León, Edelvives, 2008,


Os libros coma este son un agasallo para os lectores, pois nos fai disfrutar coas súas imaxes,que nos transportan a lonxanos lugares mentres que os textos nos achegan a unha realidade descoñecida para moitos de nos.
Impactan e sorprenden as ilustracións en tinta china de Zaü, así coma as fotografías, realizadas pola axencia Altitude, que nos amosan escenas insólitas e fermosas do noso planeta.
O texto, escrito por Alain Serres, mestre de Ed. Infantil, lánzanos unhas mensaxes solidarias e ecolóxicas, sobre o desenvolvemento sostible e o dereito a unha vida digna, pero tamén fai un chamado aos seres humanos para que asuman as súas responsabilidades co planeta Terra.

miércoles, 15 de junio de 2011

ERUPCIÓN DO VOLCÁN PUYEHUE EN CHILE

O profesor Manuel ensinoume unhas espectaculares imaxes do volcán Puyehue no sur de Chile. Podedes velas neste enlace  http://www.boston.com/bigpicture/2011/06/volcano_erupts_in_chile.html
Si queredes seguir as noticias sobre a evolución das erupcións podedes facelo clicando aquí: NOVAS DO VOLCÁN PUYEHUE EN CHILE

Foto tomada durante a erupción
Volcán Puyehue antes da erupción

miércoles, 8 de junio de 2011

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS


Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no  Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:
Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente  de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na  iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos,  esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes  en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son  seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos  incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada  centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino  xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro  será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.

martes, 7 de junio de 2011

20.000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINA

Grazas a todo o alumnado, nais e pais e ao profesorado por participar nesta actividade. Para o equipo da biblioteca foi unha actividade, que a pesar de ser a primeira vez que a levamos a cabo, que enlaza co que debemos motivar: A LECTURA.
Neste caso é unha lectura especialmente enriquecedora por tratarse dunha lectura compartida, común e solidaria, na que lemos para nós e para os outros.
Grazas a todos:



VIAXAR POR GALICIA

Agora que pronto chegarán as vacacións poderemos facer algunha excursión coa familia ou con algún amigo por Galicia. Si queredes visitar algún sitio, podedes facelo "virtualmente" dende este enlace (clica na foto para viaxar).

8 DE XUÑO DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

A Asanblea Xeral das Nacións Unidas acordou no ano 2009, a proposta de Canadá, adicar os días 8 de xuño aos Océanos.
Os océanos cubren dúas terceiras partes da superficie da Terra, e a través das súas interaccions coa atmósfera, litosfera e a biosfera, xogan un papel moi importante no establecemento das condicións medioambientais que fan posible que haxa vida no noso planeta.
Ademais de servir como hábitat dunha vastísima colección de plantas e animais, os océanos proporcionan alimento, enerxía e múltiples recursos aos seres humanos.
En 1994, a comunidade internacional deu un paso moi importante para a protección dos océanos ao entrar en vigor a Convención das Nacións Unidas sobre a Ley para os Océanos.
Una das principais tarefas da campaña en favor da flora e a fauna mariñas é a preservación do atún, o tiburón, o peixe espada e as poblacións de merlín.
En 1997 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas designou o año 1998 como o Ano Internacional dos Océanos.
Decálogo para saír da crise dos océanos
a.. Reducir de forma significativa o tamaño das flotas industriais;
b.. Reducir drásticamente o impacto da actividade pesqueira nos ecosistemas mariños e nas especies no obxectivo da pesca, aplicando esta redución ás prácticas máis agresivas;
c.. Protexer os dereitos e medios de vida dos pescadores artesanais;
d.. Declarar unha rede global de áreas mariñas protexidas;
e.. Poñer en marcha o Plan de Acción Internacional da FAO contra a pesca ilegal;
f.. Loitar contra os efectos do cambio climático e as prácticas acuícolas destructivas especialmente en ecosistemas de gran valor como arrecifes de coral ou manglares;
g.. Acabar coa contaminación marina;
h.. Establecer unha moratoria sobre a pesca en zonas de alta biodiversidad de augas profundas;
i.. Garantir a responsabilidade ilimitada para as actividades industriales que causen danos ao medio mariño;
j.. Protexer os ecosistemas costeiros.




jueves, 2 de junio de 2011

OS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS

O pasado venres (perdoade polo atraso os alumnos e alumnas de 5º do noso cole foron padriños e madriñas por un día. Cada neno e nena de quinto leulle un conto a un neno e nena de Ed. Infantil de 5 anos.
Xuntos buscaron un lugar agradable, sentaron no patio e durante uns intres disfrutaron da lectura dun libro, un lendo a un público atento e o outro escoitando a un lector apasionado.
Uns e outros pasaron uns momentos moi agradables en torno a un libro, e nos, os profesores vimos como o esforzo invertido na lectura tiña quizáis a mellor das recompensas: Velos lendo, gozando da lectura e transmitindo esa ledicia a outros.
GRAZAS PADRIÑOS E MADRIÑAS.

martes, 24 de mayo de 2011

VISITA DE GUSTAVO DACAL

O lanzador de xavalina Gustavo Dacal, campión de Galicia e de España en 10 ocasións! Estivo connosco para falarnos do seu deporte, e da súa vida como deportista. Nestes momentos nos que da a sensación de que só existe un deporte, e de que a vida do deportistas está rodeada do éxito, é moi de agradecer que alguén con tantos triunfos nos de unha lección de realidade. O deporte, e especialmente o deporte de alta competición, precisa de esforzo diario, de dedicación diaria, tendo en conta que a pesar deste sacrificio non sempre recollemos os premios desexados. Pero esto non so acontece no deporte, senón tamén na vida en xeral. Aínda así os logros acadados despois de moito esforzo son os que mellor saben, os que mellor valoramos. Aquilo que obtemos sen esforzo, so con pedilo, non ten o mesmo significado.
Grazas Gustavo, por ser un gran campión, dentro e fora das pistas, e grazas por adicarnos un tempo tan valioso.


ENTREGA DE PREMIOS AOS "LEONS" DO COLE

O pasado venres, coma xa víñamos facendo en cursos anteriores, entregamos os premios aos mellores lectores do presente curso. Quixera salientar o cada vez maior número de préstamos realizados dende a biblioteca, tanto é así que si sumamos os libros lidos polos seis gañadores suman a cantidade de: 160 libros  .
Estos foron os gañadores:
1º Alejandra Solla Vázquez.
2º Cecilia Ángel Reimúndez.
3º Noelia Domínguez Rajo.
4º Noa Rodríguez Bordóns.
5º Alba Navarro Albán.
6º Cristian Lorenzo Cernadas.
GRAZAS A TODOS POR SER OS MÁIS "LEÓNS" DA BIBLIOTECA.




jueves, 19 de mayo de 2011

O GALEGO, LINGUA MINORITARIA?

Hoxe, lendo o correo topei unha referencia ao blog  MESTURAS, visiteino e puiden ver este video sobre o Galego. Aconséllovos que o vexades, a min fíxome reflexionar sobre o noso idioma e como o percibimos.
Agardo que vos guste




E pensando, pensando aquí tedes outro video para seguir pensando:

E despois de que nos fagan pensar un pouco tamén podemos escoitar aos alumnos do IES Salvaterra do Miño, que interpretan esta canción para celebrar o día das letras galegas.



GRAZAS AOS PLAMBEEIROS POLA INFORMACIÓN, GRAZAS AO IES SALVATERRA DO MIÑO E GRAZAS AO BLOG MESTURAS DO IES SANCHEZ CANTÓN.

viernes, 6 de mayo de 2011

ERNESTO SÁBATO



Ernesto Sábato, o gran escritor arxentino autor de obras extraordinarias coma "Sobre héroes y tumbas" e "El túnel" que presidiu a Comisión Nacional sobre a Desaparición de Personas en Arxentina, faleceu na madrugada do sábado 30 de abril.
Fillo de pai italiano e nai albanesa, é considerado coma un dos máis importantes escritores da literatura latinoamericana. Obtivo o Premio Cervantes en 1984.
A súa vida e a súa obra non se comprenden sen ter en conta a súa faceta de loitador polos dereitos humanos e o seu compromiso contra a dictadura militar que gobernou Arxentina entre 1976 e 1983. Pero este compromiso estivo salpicado de situacións que deron lugar a situacións e declaracións contraditorias.
Despois da ditadura, Ernesto Sábato recibiu o encargo do primeiro presidente democrático, Raúl Alfonsín, de encabezar a Comisión Nacional sobre a Desaparición de Persoas. O equipo de investigación da Comisión recolleu os testimonios e documentou 8.960 desaparicións e a existencia de 340 centros de detención ilegal e tortura. O informe coñecido como "Informe Sábato", foi entregado ao presidente Alfonsín o 20 de setembro de 1984 e deu orixe ao procesamento e condena dos máximos responsables das xuntas militares da ditadura, que foron enviados ao cárcere.
Sufriu durante moito tempo unha forte depresión e pasou os últimos anos sen escribir pero adicado á pintura, que era a súa segunda vocación artística.

"Cuando me muera, quiero que me velen acá, para que la gente del barrio pueda acompañarme en este viaje final... Y quiero que me recuerden como un vecino, a veces cascarrabias, pero en el fondo un buen tipo... Es a todo lo que aspiro".   
Ernesto Sábato

miércoles, 4 de mayo de 2011

LENDO A VERNE

Co gallo do día do libro, este ano no CEIP M. Cordo Boullosa de Ponte Caldelas, organizamos varias actividades adicadas a Julio Verne.
Unha destas actividades consistirá na lectura continuada da obra 20.000 leguas de viaxe submarino na biblioteca do centro. Ao longo do xoves 5 e do venres 6 todo o alumnado lerá, consecutivamente esta obra seguindo, aproximadamente este horario:
Xoves 5 :
  • Ed. Infantil 4 anos B e 5 anos A e B: entre as 9 e as 10 horas
  • 5º e 6º de Ed. Primaria : entre as 10 e as 12  horas.
  • 3º A e B de Ed. Primaria: entre as 12´30 e as 14 horas
Venres 6
  • Ed. Infantil 4 anos A e 3 anos A e B: entre as 9 e as 10 horas
  • 1º e 2º de Ed. Primaria: entre as 10 e as 12  horas.
  • 4º Ed. Primaria: entre as 12´30 e as 14 horas.
Convidamos a todas as nais e pais que queiran asistir e/ou participar nela a que o fagan. Poderán facelo en calquer horario entre as 9 e as 14 horas do xoves ou do vernes.

Moitas grazas.

domingo, 1 de mayo de 2011

1 de Mayo día do traballo

O 1º de maio celébrase o Día Internacional do traballo en todolos países do mundo. Dende a revolución industrial, os obreiros loitan por mellores condicións laborais. O 1º de maio de 1886 en Chicago, un grupo de dirixentes e traballadores anarquistas fixeron unha folga para reclamar a xornada laboral de oito horas e que as condicións do traballo melloraran. Houbo enfrontamentos violentos, e como consecuencia varios mortos e centenares de feridos.
Aqueles líderes anarquistas foron xulgados e condenados. Anos despois, chamáronlles  "Os Mártires de Chicago".

O I Congreso da Internacional Socialista, reunido en París, decidiu declarar o 1º de maio de 1889 "día mundial da loita obreira", en conmemoración da masacre de Chicago. Un ano despois, obreiros de todas as partes do mundou manifestaronse  por primeira vez o Día dos Traballadores.
Algún dos logros conseguidos pola clase traballadora son pertencer a un sindicato que os defenda das inxustizas patronais, contar con servizo médico, así como con incapacidades por accidentes ou enfermidades, obter indemnizacións, xubilacións, días de descanso semanais, vacacións, xornadas de 8 horas de traballo, soldos e trato xustos. É xusto rendirlle unha homenaxe a aquelas persoas que deron a súa vida porque se recoñeceran estes dereitos.

PRIMEIRO DOMINGO DE MAIO: DÍA DA NAI

O primeiro domingo de maio é o día no que temos máis presente o que queremos ás nosas nais, facémoslles un agasallo, portámonos especialmente ben, recordamos que é a máis guapa, a que mellor nos cura as feridas, a que mellor nos peina,... Pero debemos lembrar que :

O DÍA DA NAI É TODOLOS DÍAS DO ANO, porque ela é nai todolos días do ano non só un, así que aínda que só lle fagamos un regalo o primeiro domingo de maio, DEBEMOS QUERELA TODOLOS DÍAS.  ¡ TODOS !

martes, 26 de abril de 2011

JULIO VERNE

Neste curso imos realizar unha serie de actividades sobre Julio Verne. Todas elas teñen como finalidade fomentar a lectura das obras deste extraordinario escritor. Na nosa biblioteca temos algunhas delas tanto as novelas, tal e como foron escritas, cómics basados nestas novelas,... Se clicas no título verás un enlace no que podes topar moita máis información.


Cada unha destas imaxes vaite levar a unha páxina para saber máis deste autor:


  

Aquí tes algúns AUDIOLIBROS das obras de Julio Verne:
20.000 LEGUAS DE VIAJE SUBMARINO:


DE LA TIERRA A LA LUNA:


lA VUELTA AL MUNDO EN 80 DÍAS.



viernes, 22 de abril de 2011

MEMORIAS DUN NENO LABREGO

  Este ano celebramos os 50 anos da publicación das "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas. E aínda que éste non é un libro para nenos, especialmente neste momento é un libro que nos debe axudar a ver o que avanzamos e aquilo que perdimos.
Neste video podedes ver a intervención de Xosé Neira Vilas na clausura das xornadas sobre bibliotecas escolares de Galiza.

23 DE ABRIL DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

O 23 de abril celébrase o día internacional do libro e dos dereitos de autor. Escolleuse esta data porque neste día faleceron Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. Ademáis nesta mesma data tamén faleceron ou morreron outros autores como Nabokov ou Josep Pla.




jueves, 14 de abril de 2011

PROXECTO DE EDUCACION INFANTIL: OS DINOSAURIOS

O alumnado de Educación Infantil do noso cole estivo traballando todo o segundo trimestre nun Proxecto: OS DINOSAURIOS. Aprenderon moito e fixeron uns moi bos traballos.

lunes, 11 de abril de 2011

OS NOVOS ATRILES DA BIBLIOTECA

Grazas a todos os que colaborachedes na elaboaración destes atriles, aínda que vista a calidade artística, creo que mellor será consideralos cadros. Si non me credes aquí tedes unha mostra :

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...