domingo, 1 de mayo de 2011

1 de Mayo día do traballo

O 1º de maio celébrase o Día Internacional do traballo en todolos países do mundo. Dende a revolución industrial, os obreiros loitan por mellores condicións laborais. O 1º de maio de 1886 en Chicago, un grupo de dirixentes e traballadores anarquistas fixeron unha folga para reclamar a xornada laboral de oito horas e que as condicións do traballo melloraran. Houbo enfrontamentos violentos, e como consecuencia varios mortos e centenares de feridos.
Aqueles líderes anarquistas foron xulgados e condenados. Anos despois, chamáronlles  "Os Mártires de Chicago".

O I Congreso da Internacional Socialista, reunido en París, decidiu declarar o 1º de maio de 1889 "día mundial da loita obreira", en conmemoración da masacre de Chicago. Un ano despois, obreiros de todas as partes do mundou manifestaronse  por primeira vez o Día dos Traballadores.
Algún dos logros conseguidos pola clase traballadora son pertencer a un sindicato que os defenda das inxustizas patronais, contar con servizo médico, así como con incapacidades por accidentes ou enfermidades, obter indemnizacións, xubilacións, días de descanso semanais, vacacións, xornadas de 8 horas de traballo, soldos e trato xustos. É xusto rendirlle unha homenaxe a aquelas persoas que deron a súa vida porque se recoñeceran estes dereitos.