Agradecementos:

Grazas a tódolos que antes ca nos fixeron blogues e nos deron as súas ideas e o seu traballo, a os plambeeiros, e especialmente a tódolos participes desta aventura, e a ti pola túa visita. Grazas

"Cuanto menos se lee, más daño hace lo que se lee."
Miguel de Unamuno.

El verbo leer, como el verbo amar y el verbo soñar, no soporta 'el modo imperativo'.
Jorge Luis Borges

"Que otros se jacten de las páginas que han escrito; a mí me enorgullecen las que he leído”.
Jorge Luis Borges.

“Un libro abierto es un cerebro que habla; cerrado, un amigo que espera; olvidado, un alma que perdona; destruido, un corazón que llora”.
Proverbio Indú
.

"Lee y conducirás, no leas y serás conducido"
Santa Teresa de Jesús.

domingo, 26 de junio de 2011

COIDA GALICIA. COIDA ATA O ÚLTIMO RECANTO DESTA TERRA.

Este é un video clip fantástico sobre a beleza da nosa terra, da que nos prestaron os nosos pais e nais que nos debemos devolver aos nosos fillos e fillas. Así que:

lunes, 20 de junio de 2011

YO SERÉ LOS OJOS DE LA TIERRA


 Contamos na nosa biblioteca con este extraordinario álbum ilustrado. Aconséllovos a súa lectura non só pola gran beleza das súas imaxes ou polas magníficas ilustracións senón polos seus textos que nos fan pensar (sei que podo ser un pouco pesado co de pensar) sobre o noso planeta e o seu futuro.
Yo seré los ojos de la Tierra,Texto de Alain Serres,
Ilustracións de Zaü e fotografía de Altitude
León, Edelvives, 2008,


Os libros coma este son un agasallo para os lectores, pois nos fai disfrutar coas súas imaxes,que nos transportan a lonxanos lugares mentres que os textos nos achegan a unha realidade descoñecida para moitos de nos.
Impactan e sorprenden as ilustracións en tinta china de Zaü, así coma as fotografías, realizadas pola axencia Altitude, que nos amosan escenas insólitas e fermosas do noso planeta.
O texto, escrito por Alain Serres, mestre de Ed. Infantil, lánzanos unhas mensaxes solidarias e ecolóxicas, sobre o desenvolvemento sostible e o dereito a unha vida digna, pero tamén fai un chamado aos seres humanos para que asuman as súas responsabilidades co planeta Terra.

miércoles, 15 de junio de 2011

ERUPCIÓN DO VOLCÁN PUYEHUE EN CHILE

O profesor Manuel ensinoume unhas espectaculares imaxes do volcán Puyehue no sur de Chile. Podedes velas neste enlace  http://www.boston.com/bigpicture/2011/06/volcano_erupts_in_chile.html
Si queredes seguir as noticias sobre a evolución das erupcións podedes facelo clicando aquí: NOVAS DO VOLCÁN PUYEHUE EN CHILE

Foto tomada durante a erupción
Volcán Puyehue antes da erupción

miércoles, 8 de junio de 2011

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS


Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no  Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:
Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente  de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na  iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos,  esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes  en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son  seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos  incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada  centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino  xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro  será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.

martes, 7 de junio de 2011

20.000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINA

Grazas a todo o alumnado, nais e pais e ao profesorado por participar nesta actividade. Para o equipo da biblioteca foi unha actividade, que a pesar de ser a primeira vez que a levamos a cabo, que enlaza co que debemos motivar: A LECTURA.
Neste caso é unha lectura especialmente enriquecedora por tratarse dunha lectura compartida, común e solidaria, na que lemos para nós e para os outros.
Grazas a todos:



VIAXAR POR GALICIA

Agora que pronto chegarán as vacacións poderemos facer algunha excursión coa familia ou con algún amigo por Galicia. Si queredes visitar algún sitio, podedes facelo "virtualmente" dende este enlace (clica na foto para viaxar).

8 DE XUÑO DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

A Asanblea Xeral das Nacións Unidas acordou no ano 2009, a proposta de Canadá, adicar os días 8 de xuño aos Océanos.
Os océanos cubren dúas terceiras partes da superficie da Terra, e a través das súas interaccions coa atmósfera, litosfera e a biosfera, xogan un papel moi importante no establecemento das condicións medioambientais que fan posible que haxa vida no noso planeta.
Ademais de servir como hábitat dunha vastísima colección de plantas e animais, os océanos proporcionan alimento, enerxía e múltiples recursos aos seres humanos.
En 1994, a comunidade internacional deu un paso moi importante para a protección dos océanos ao entrar en vigor a Convención das Nacións Unidas sobre a Ley para os Océanos.
Una das principais tarefas da campaña en favor da flora e a fauna mariñas é a preservación do atún, o tiburón, o peixe espada e as poblacións de merlín.
En 1997 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas designou o año 1998 como o Ano Internacional dos Océanos.
Decálogo para saír da crise dos océanos
a.. Reducir de forma significativa o tamaño das flotas industriais;
b.. Reducir drásticamente o impacto da actividade pesqueira nos ecosistemas mariños e nas especies no obxectivo da pesca, aplicando esta redución ás prácticas máis agresivas;
c.. Protexer os dereitos e medios de vida dos pescadores artesanais;
d.. Declarar unha rede global de áreas mariñas protexidas;
e.. Poñer en marcha o Plan de Acción Internacional da FAO contra a pesca ilegal;
f.. Loitar contra os efectos do cambio climático e as prácticas acuícolas destructivas especialmente en ecosistemas de gran valor como arrecifes de coral ou manglares;
g.. Acabar coa contaminación marina;
h.. Establecer unha moratoria sobre a pesca en zonas de alta biodiversidad de augas profundas;
i.. Garantir a responsabilidade ilimitada para as actividades industriales que causen danos ao medio mariño;
j.. Protexer os ecosistemas costeiros.




jueves, 2 de junio de 2011

OS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS

O pasado venres (perdoade polo atraso os alumnos e alumnas de 5º do noso cole foron padriños e madriñas por un día. Cada neno e nena de quinto leulle un conto a un neno e nena de Ed. Infantil de 5 anos.
Xuntos buscaron un lugar agradable, sentaron no patio e durante uns intres disfrutaron da lectura dun libro, un lendo a un público atento e o outro escoitando a un lector apasionado.
Uns e outros pasaron uns momentos moi agradables en torno a un libro, e nos, os profesores vimos como o esforzo invertido na lectura tiña quizáis a mellor das recompensas: Velos lendo, gozando da lectura e transmitindo esa ledicia a outros.
GRAZAS PADRIÑOS E MADRIÑAS.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...