lunes, 13 de febrero de 2012

O ENTROIDO

    Chega o tempo do Entroido. Agardo que despois de ler esto saibamos algo máis desta festa.

 En Galiza celébrase o Entroido de moitas formas diferentes. Existen tradicións moi antigas como a dos Peliqueiros de Laza, as Pantallas de Xinzo, os Cigarróns de Verín, os Boteiros de Vilariño de Conso, os Xenerais do Deza e do Ulla, os Mecos de Froxás das Viñas, as Madamitas e Madamitos de Cangas e Vilaboa,.....
Ademáis dos disfraces e das festas, tamén é tempo de boas comidas como o Lacón, o Cocido e de postres riquísimos coma as filloas, as flores, as orellas,....

A palabra carnaval tomouse do concepto cristián (validez da carne ante a Cuaresma) da festa. Así, partindo desta idea fórmanse dous grupos o das Carnestolendas (tempo de ayuno da carne) e o do Entroido (entrada, tempo previo á Cuaresma no que estaba permitido o consumo da carne).
O termo Carnestolendas aparece mencionado polos mozárabes e polos cortesáns casteláns no século XIII. En Cataluña a palabra derivou en Carnestoltes. No século XIV úsase o termo "carnal"  que deriva ao longo do XVI cara ao termo carnaval de procedencia italiana ("carnavale").
A forma Entroido é unha forma medieval  que pervive en Galicia, Asturias (Antroxo), en partes de León e de Zamora (Antroido) así como en Portugal (Entrudo).
A ORIXE DA FESTA:
Parece claro que sen a existencia da Cuaresma, o Entroido no tería perdurado ao longo dos séculos. Pero a existencia dun carácter cristián non quita que perviviran moitas manifestacións e festas de orixe pagano.
Son moitas as teorías acerca das posibles orixes do Entroido, pero unha delas hai que topala nas festas Lupercales e Saturnalias romanas. Estas festas fusiónanse con outras máis arcaicas pervivindo ata a Idade Media, época na que reciben un forte sentido cristián. Estas tradicións nas que se mantiveron as festas romanas e os deuses paganos, xa degradados a demos polo cristianismo, gozaban de gran sona e vitalidade.
A cultura popular era poderosa, mentres a oficial e a relixiosa era moito máis feble, polo que con fins case propagandísticos a igrexa facía coincidir as súas festas coas paganas coa finalidade de cristianizalas.
O SIGNIFICADO DO ENTROIDO:
Son moitas as formas de romper co orden social durante estes días: vestir máscaras e disfraces,  botar cinza ou fariña aos veciños cando pasean polas rúas, gastar bromas,... Así durante uns días todo cambia, permítense cousas que non o están o resto do ano.  Así incluso a crítica social en forma de parodia ou de burla, son tamén formas de ridiculizar feitos cotiás, acontecementos e/ou personaxes destacados.
Entroidos moi sonados no mundo son o de Río, Venecia, Nova Orleáns, Tenerife, Cádiz, Notting Hill en Londres,...




lunes, 6 de febrero de 2012

Charles Dickiens

O próximo día 7 de febreiro cumpriranse os 200 anos do nacemento de Charles Dickens. Este extraordinario escritor británico acadou gran fama coa publicación de "Oliver Twist", obra na que denunciaba as grandes desigualdades dunha sociedade que comezaba a enriquecerse coa industrialización. Outras das súas obras nas que queda patente esta denuncia social son: "David Copperfield", "Tempos difíciles" ou "Un conto de Nadal" entre outras.