lunes, 13 de febrero de 2012

O ENTROIDO

    Chega o tempo do Entroido. Agardo que despois de ler esto saibamos algo máis desta festa.

 En Galiza celébrase o Entroido de moitas formas diferentes. Existen tradicións moi antigas como a dos Peliqueiros de Laza, as Pantallas de Xinzo, os Cigarróns de Verín, os Boteiros de Vilariño de Conso, os Xenerais do Deza e do Ulla, os Mecos de Froxás das Viñas, as Madamitas e Madamitos de Cangas e Vilaboa,.....
Ademáis dos disfraces e das festas, tamén é tempo de boas comidas como o Lacón, o Cocido e de postres riquísimos coma as filloas, as flores, as orellas,....

A palabra carnaval tomouse do concepto cristián (validez da carne ante a Cuaresma) da festa. Así, partindo desta idea fórmanse dous grupos o das Carnestolendas (tempo de ayuno da carne) e o do Entroido (entrada, tempo previo á Cuaresma no que estaba permitido o consumo da carne).
O termo Carnestolendas aparece mencionado polos mozárabes e polos cortesáns casteláns no século XIII. En Cataluña a palabra derivou en Carnestoltes. No século XIV úsase o termo "carnal"  que deriva ao longo do XVI cara ao termo carnaval de procedencia italiana ("carnavale").
A forma Entroido é unha forma medieval  que pervive en Galicia, Asturias (Antroxo), en partes de León e de Zamora (Antroido) así como en Portugal (Entrudo).
A ORIXE DA FESTA:
Parece claro que sen a existencia da Cuaresma, o Entroido no tería perdurado ao longo dos séculos. Pero a existencia dun carácter cristián non quita que perviviran moitas manifestacións e festas de orixe pagano.
Son moitas as teorías acerca das posibles orixes do Entroido, pero unha delas hai que topala nas festas Lupercales e Saturnalias romanas. Estas festas fusiónanse con outras máis arcaicas pervivindo ata a Idade Media, época na que reciben un forte sentido cristián. Estas tradicións nas que se mantiveron as festas romanas e os deuses paganos, xa degradados a demos polo cristianismo, gozaban de gran sona e vitalidade.
A cultura popular era poderosa, mentres a oficial e a relixiosa era moito máis feble, polo que con fins case propagandísticos a igrexa facía coincidir as súas festas coas paganas coa finalidade de cristianizalas.
O SIGNIFICADO DO ENTROIDO:
Son moitas as formas de romper co orden social durante estes días: vestir máscaras e disfraces,  botar cinza ou fariña aos veciños cando pasean polas rúas, gastar bromas,... Así durante uns días todo cambia, permítense cousas que non o están o resto do ano.  Así incluso a crítica social en forma de parodia ou de burla, son tamén formas de ridiculizar feitos cotiás, acontecementos e/ou personaxes destacados.
Entroidos moi sonados no mundo son o de Río, Venecia, Nova Orleáns, Tenerife, Cádiz, Notting Hill en Londres,...