Agradecementos:

Grazas a tódolos que antes ca nos fixeron blogues e nos deron as súas ideas e o seu traballo, a os plambeeiros, e especialmente a tódolos participes desta aventura, e a ti pola túa visita. Grazas

"Cuanto menos se lee, más daño hace lo que se lee."
Miguel de Unamuno.

El verbo leer, como el verbo amar y el verbo soñar, no soporta 'el modo imperativo'.
Jorge Luis Borges

"Que otros se jacten de las páginas que han escrito; a mí me enorgullecen las que he leído”.
Jorge Luis Borges.

“Un libro abierto es un cerebro que habla; cerrado, un amigo que espera; olvidado, un alma que perdona; destruido, un corazón que llora”.
Proverbio Indú
.

"Lee y conducirás, no leas y serás conducido"
Santa Teresa de Jesús.

jueves, 31 de mayo de 2012

THE VERY HUNGRY CATERPILLAR

A semana pasada participamos no programa "A SEMANA DA FROITA", polo que as merendas das nenas e nenos da escola foron  moi saudables, compostas principalmente por este alimento tan nutritivo e cheo de vitaminas.

 Por este motivo unha amiga nosa, Heather, ofreceuse a vir ao colexio a contarlles as nenas e nenos de 1º e 3º un fantástico conto inglés; "The very hungry caterpillar". A protagonista deste conto, unha eiruga moi larpeira, énchese a comer froita ata se convertir nunha fermosa bolboreta. 

Animámosvos a que o leades, ás nenas e nenos que escoitaron a Heather gustoulles moito, e tamén lles axudou a repasar os días da semana e o nome dalgunhas froitas en inglés. 
THANK YOU SO MUCH, HEATHER!!!

viernes, 25 de mayo de 2012

O DEREITO A IDENTIDADE

A profe Chus envíanos este vídeo sobre o dereito á identidade. Grazas profe.


miércoles, 23 de mayo de 2012

Agardo que vos guste este Power Point.


As nenas e nenos de 6º realizaron esta magnífica adaptación dun dos contos do libro "Cuentos en verso para niños perversos" de Roal Dahl. Preparamos este Power Point e, despois de moitas voltas, conseguimos "colgalo" no blog.


View more presentations or Upload your own.

domingo, 13 de mayo de 2012

Grazas a tod@s os que colaborachedes na ampliación da nosa biblioteca

video



VALENTÍN PAZ ANDRADE

Este ano dedicáse o día das letras galegas a Valentín Paz Andrade. Para aprender máis sobre el e a súa vida e obra podedes traballar con este LIM (Libro Interactivo Multimedia) grazas ao traballo realizado realizado polo CEIP Condesa de Fenosa de O Barco en Ourense.
Grazas aos rapaces e rapazas do CPI  dos Dices (Rois, A Coruña) por este traballo de reporteiros sobre a figura de Paz Andrade.
No CEIP Mestre Valverde Mayo de Mos (Pontevedra)  tamén creou un LIM de cara ao día das Letras Galegas.

 O IES San Paio de Tui creou esta liña do tempo para coñecer mellor a vida e obra de Valentín Paz Andrade.
LIÑA DO TEMPO

E para despedir o artigo escoitade e mirade este traballo boísimo do CPI A Saleta:


miércoles, 9 de mayo de 2012

A audioteca de Curicuxa

Xa contabamos con fondos para escoitar música, pero agora contamos cunha pequena "audioteca", un recanto onde escoitar música.


lunes, 7 de mayo de 2012

Mural sobre a reciclaxe

Os nenos e nenas de 1º prepararon este mural sobre a reciclaxe usando textos de Pepe Carreiro do libro Os Bolechas "que se bota no contedor amarelo". É un mural  interactivo no que podedes escoitar as súas voces e ver algún video.


jueves, 3 de mayo de 2012

LIBRO LIM SOBRE OS SENTIDOS

A profe Chus de 3º preparou un fantástico LIM sobre os sentidos. Tamén o podedes ver na blogue do 2º Ciclo e na web do cole.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...