jueves, 31 de mayo de 2012

THE VERY HUNGRY CATERPILLAR

A semana pasada participamos no programa "A SEMANA DA FROITA", polo que as merendas das nenas e nenos da escola foron  moi saudables, compostas principalmente por este alimento tan nutritivo e cheo de vitaminas.

 Por este motivo unha amiga nosa, Heather, ofreceuse a vir ao colexio a contarlles as nenas e nenos de 1º e 3º un fantástico conto inglés; "The very hungry caterpillar". A protagonista deste conto, unha eiruga moi larpeira, énchese a comer froita ata se convertir nunha fermosa bolboreta. 

Animámosvos a que o leades, ás nenas e nenos que escoitaron a Heather gustoulles moito, e tamén lles axudou a repasar os días da semana e o nome dalgunhas froitas en inglés. 
THANK YOU SO MUCH, HEATHER!!!