Agradecementos:

Grazas a tódolos que antes ca nos fixeron blogues e nos deron as súas ideas e o seu traballo, a os plambeeiros, e especialmente a tódolos participes desta aventura, e a ti pola túa visita. Grazas

"Cuanto menos se lee, más daño hace lo que se lee."
Miguel de Unamuno.

El verbo leer, como el verbo amar y el verbo soñar, no soporta 'el modo imperativo'.
Jorge Luis Borges

"Que otros se jacten de las páginas que han escrito; a mí me enorgullecen las que he leído”.
Jorge Luis Borges.

“Un libro abierto es un cerebro que habla; cerrado, un amigo que espera; olvidado, un alma que perdona; destruido, un corazón que llora”.
Proverbio Indú
.

"Lee y conducirás, no leas y serás conducido"
Santa Teresa de Jesús.

miércoles, 18 de diciembre de 2013

CHEGA O NADAL

Un ano máis chega o Nadal á nosa biblioteca. Ollade esta guía de libros relacionados con estas datas. Podédelos consultar na biblio cando queirades.








Damos as grazas a Paco Nogueiras polos seus videos e especialmente por este sobre o Apalpador:

domingo, 15 de diciembre de 2013

POR QUÉ LER?

Ollade este fantástico video sobre as razóns para ler. Foi feito por Sebastián G. Mouret. Aconséllovos que visitedes o seu blog: El coleccionista de Mundos.


domingo, 8 de diciembre de 2013

NELSON MANDELA

Ata sempre Madiba


Acaba de finar Nelson Mandela un dos símbolos da loita pola igualdade dos seres humanos, igualdade entre os que teñen unha cor de pel diferente pero tamén entre os que teñen recursos e aqueles que carecen deles. Pasou 27 anos na cadea por loitar por estas ideas. Ao saír non buscou vinganza ou revancha, podéndoo facer pois saiu do cárcere para ser presidente de Sudáfrica, senon que puxo a súa mirada no futuro e quixo construir un país en paz, que non esquenza pero que non quede ancorado na vinganza e a probreza. Hoxe en día todavía queda moito por construir en Sudáfrica e en todo o mundo, porque as desigualdades, a pobreza, a inxustiza e outros males seguen no mundo sabemos que se poñemos o noso empeño en combatilos poderemos derrotalos.



 "A pobreza non é natural. Foi creada polo home e pode superarse e erradicarse mediante accións dos seres humanos. E erradicar a pobreza non é un xesto de caridade. É un acto de xustiza" (Nelson Mandela)

Podedes ver algunha película que vos pode achegar a figura de Nelson Mandela como: "Mandela e De Klerk", "Adeus Bafana" ou a recente "Invictus".
A película "Grita Liberdade" tamén nos achega á Sudáfrica dirixida polo réxime racista do apartheid a través das figuras de Stephen Biko e dun xornalista.

Aqui podedes ver unha biografía de Madiba.







domingo, 1 de diciembre de 2013

Descenso ó barranco do Diaño

Aconséllovos este libro que dun xeito moi ameno nos introduce no vocabulario xeográfico. Se clicades na imaxe tamén podedes consultar material complementario

http://algareditorial.com/tl_files/pdfs/propdida/25003.pdf

viernes, 29 de noviembre de 2013

domingo, 24 de noviembre de 2013

25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

http://biblogcaniza.blogspot.com.es/p/dia-internacional-contra-violencia-de.html
Moitos centros de Galicia elaboraron materiais cos que se posicionan contra a violencia de xénero.
 CE.I.P. de Frián - Teis : elaboraron un documento no que nos falan da orixe deste día.
I.E.S. San Paio: Propoñen enterrar esta lacra da nosa sociedade.

Tamén podedes ver estes vídeos:




PARA ELAS E ELES



ES HORA DEEMPEZAR A ANDAR:


jueves, 21 de noviembre de 2013

UNHA RECOMENDACIÓN LECTORA: O HOME QUE ABRAZABA ÁS ÁRBORES

 
Aconséllovos este libro que puiden atopar na biblioteca do Concello de Ponte Caldelas. O seu autor é Ignacio Sanz e pertence a unha colección de títulos premiados editada pola Editorial Edelvives. Ten tamén unhas maravillosas ilustracións de Ester García.
Grazas polo consello Ana, ¡é fantástico!
Resumo do argumento:
Felicidad, unha nena que vive en Piñares, conta a vida de Marcial, o seu veciño, un vello e carismático leñador que acude cada día ó monte a recoller leña. A nena  acompañao os sábados e entre eles establecese unha relación moi cálida gracias ás fascinantes historias que Marcial lle conta, especialmente as vividas en Canadá país no que pasou una temporada e aprendeu o seu oficio.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

ASÍ É A NOSA BIBLIOTECA

Sabemos que o uso da Biblioteca é unha das mellores cousas que temos no cole. Así que queríamos amosarvos como funciona. Pois ben, como non se nos ocorría nada,  decidimos facer un vídeo promocional. Costounos un pouquiño, porque non somos actores profesionais, pero creeemos que quedou bastante xeitoso.
Xulgar vós mesmos, esperemos que vos guste.
Ahhh, a nón encantounos facelo!!!

viernes, 8 de noviembre de 2013

domingo, 3 de noviembre de 2013

CHEGOU O SAMAÍN

O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos.      
A noite do 31 de outubro comeza o aninovo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento. 





http://www.xunta.es/linguagalega/outono_materiais_e_recursos







http://www.chiscos.net/f1/samain/samain.html


 

martes, 22 de octubre de 2013

O ALUMNADO COLABORADOR DA BIBLIOTECA COLABORA NA FORMACIÓN DE USUARIOS



NOVO TRÍPTICO INFORMATIVO DA BIBLIOTECA.

Enviamos a todas as familias un tríptico con diferente información acerca das actividades que levamos a cabo dende a biblioteca, así como relacionadas ca búsqueda de documentos. Aqui podedes consultalo.


domingo, 20 de octubre de 2013

UN CLUB DE LECTURA NO COLE

UN CLUB DE LECTURA NO COLE



A próxima semana comezamos unha actividade de animación á lectura destinado a profesores, nais e pais de alumnos/as do noso centro: un club de lectura.
Convocamos a todos/as interesados/as a vir á biblioteca do cole o martes 22 ás 16:00 horas. Nesta primeira reunión acordaremos a dinámica de funcionamento, frecuencia das reunións, títulos a ler,....
Si tedes un pouco de tempo anímovos a ler este artigo acerca dos clubes de lectura e as campañas mediáticas de animación á lectura. (CLICADE AQUI)


miércoles, 16 de octubre de 2013

UNHA NOVA PROFE NO COLE: MORGYN

O noso equipo de xornalistas levou a cabo unha entrevista á nosa nova profe Morgyn, que ven de E.E.U.U. para facer que melloremos o noso nivel de inglés. 



Tatiana: What´s your name?
Morgyn: Morgyn.

Andrea: Where are  you from?
Morgyn:  I´m from California.

Chasua: Where do you live?
Morgyn: I live in Pontevedra.

Tatiana: How old are you?
Morgyn:  Well, I´m think than I´m older than you.

Andrea: What is tour favourite place of Spain?
Morgyn: Toledo.

Chasua: Are you happy here?
Morgyn: Yes, I´m very happy.

Tatiana: What´s your favourite animal?
Morgyn: A cat.

Andrea: Do you have a pet?
Morgyn: No.

Chasua: What´s your favourite food?
Morgyn: I like pisto.

Tatiana: Do you like Spain?
Morgyn: Yes, I like Spain.


UNHA NOVA PROFE on PhotoPeach

lunes, 14 de octubre de 2013

ACTIVIDADES INTERACTIVAS PARA TRABALLAR CONCEPTOS DE LENGUA, MATEMÁTICAS E C. MEDIO

Na rede podemos topar moitos recursos didácticos para xogar empregando conceptos aprendidos no cole. Nesta páxina podedes topar varias actividades interactivas coas que dun xeito moi lúdico podedes repasar o que aprendestes na clase.
Para entrar clicade na imaxe:


O MONSTRUO DAS GALLETAS VISITA UNHA BIBLIOTECA E VEDE O QUE PASA....


martes, 8 de octubre de 2013

UNHA RECOMENDACIÓN LECTORA

Alba Custodio Gómez recoméndanos o libro "PROFESOR RANDA: Academia de truhanes".
 "Gústame porque é emocionante. Os protagonistas viven aventuras misteriosas."


miércoles, 2 de octubre de 2013

ESTE VAI SER O ANO DAS AUGAS ("QUE VEÑEN E VAN")

Este curso imos traballar as augas dos ríos, do "noso" río e para motivar un pouco aquí podedes escoitar esta canción de Paco Nogueiras Nodar: "Augas que veñen e van"

lunes, 16 de septiembre de 2013

DIVÍRTETE LENDO

Os xogadores do Barça, e agardo que os do Madrid, Celta, At. de Madrid. At. de Bilbao,... tamén, divírtense lendo e anímante a ti tamén a, polo menos durante 20 minutos cada día, descubrir o pracer da lectura.


sábado, 14 de septiembre de 2013

O FUTURO DO LIBRO

Tres mulleres expertas no sector do libro analizan o novo modelo que está nacendo en medio da crise. Kriste McLean, Elena Neira e Inma Turbau son optimistas ante os cambios.
Quixera destacar esta frase de Inma Turbau:

“Lo primero que creo que hay que hacer es rehabilitar la palabra cultura. Recuperarla para el gran público. Volverla de nuevo un motivo de orgullo, algo aspiracional, algo que te hace mejor. Lo primero, rescatar la palabra cultura. Parece simple y no lo es”.  

 



miércoles, 11 de septiembre de 2013

NACE UNHA NOVA REVISTA EN GALEGO.

Acaba de nacer unha nova revista en galego que ten como obxectivo o público infantil e xuvenil. Chámase OINK e ven do programa de T.V. Xabarín Club.

viernes, 6 de septiembre de 2013

TROITA 2013

Comezamos o novo curso lembrado o traballo feito no anterior e para iso aquí tedes a Troita 2013 a nosa revista escolar.


jueves, 13 de junio de 2013

Outro autor extraordinario



Este extraordinario escritor, gañador do Premio Nobel de Literatura no é coñecido por ter ningunha obra adicada aos nenos. Mirade este conto feito por el.



lunes, 10 de junio de 2013

MAURICE SENDAK

MAURICE SENDAK(1928-2012)
Lembramos os 85 anos do nacemento de Maurice Sendak. Sempre será lembrado pola súa obra "Onde viven os monstros".


sábado, 8 de junio de 2013

COMO COIDAR OS NOSOS OLLOS NA LECTURA ELECTRÓNICA

É aconsellable ler este artigo sobre a necesidade de coidar a nosa vista na lectura en aparellos electrónicos, xa que son cada vez máis usados por todos e especialmente polas novas esixencias de comunicación e laborais.. Facede clic no enlace: COMO COIDAR OS NOSOS OLLOS DA LECTURA EN APARELLOS ELECTRÓNICOS.



martes, 14 de mayo de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

O alumnado de 5º realizou este fantástico traballo sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño


ROBERTO VIDAL BOLAÑO from curicuxa ponte caldelas on Vimeo.

lunes, 13 de mayo de 2013

14 FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA 2013

    Do 14 ao 19 de maio vaise celebrar en Redondela o Festival Internacional de Títeres. Consultade o programa premendo na imaxe. Poderedes disfrutar dunha importante variedade de espectáculos para todas as idades.


martes, 30 de abril de 2013

VÍDEO SOBRE AUTISMO FEITO EN 4º A POLAS ALUMNAS DE ALTERNATIVA



 

PEPE CARREIRO NO CEIP MANUEL CORDO BOULLOSA

Visitounos Pepe Carreiro e compartiu con todo o alumnado as súas experiencias:

PEPE CARREIRO NO CEIP CORDO BOULLOSA on PhotoPeach


video


video


video

video













SUSA HERRERA NO COLE

VISITOUNOS NA SEMANA DO LIBRO SUSA HERRERA
Susa Herrera cantounos os seus contos ou mellor dito contounos as súas cancións. Aqui podedes vernos:


VISITA DOS NENOS E NENAS DA GARDERÍA

Na semana do libro visitáronnos os nenos e nenas da gardería.


jueves, 18 de abril de 2013

PEPE CARREIRO



 O luns 29 de abril visitará o noso cole Pepe Carreiro. Este ano adicamos o Día do Libro a este gran ilustrador e deseñador de Banda Deseñada. Podedes visitar a exposición sobe os seus libros na Biblioteca e aquí tedes máis información sobre el.




Ilustrador e deseñador de BD, comezou en 1977 coa banda "O fillo de Breogán". Foi un dos fundadores de "Can sen Dono", revista que chegou a dirixir, e ten colaborado con publicacións como "Teima", "El Pueblo Gallego", "Hoja del Lunes de Vigo", "Faro de Vigo", "A Peneira", "La Voz de Galicia", "A Nosa Terra" ou "La Codorniz".

Publicou a saga "A retirada de Sir John Moore" na primeira etapa da revista "Golfiño", que despois foi recompilada en formato álbum por Xerais.

Outras creacións súas inclúen "O curral de Don Mundo", "Maxistérico", "O galo Camilo" e "Robinson".

Como ilustrador para nenos ten acadado moita fama, asinando a serie "Os Bolechas". Ten desenvolvido a publicación infantil "Bule bule" e publicou o álbum "Compostela, historia dunha lenda" (ed. Toxosoutos, 2003) da que se tiraron dez mil exemplares. Como debuxante e guionista de cómic publicou tres álbums da serie Os Barbanzóns: Baroña ou morte, Non solpor da prehistoria e A noite de Samaín; e un álbum da serie Galicia nas guerras napoleónicas: A retirada de Sir John Moore. Tamén é súa a serie Os Formigón (A Nosa Terra); a serie Os Pequenos Barbanzóns, en colaboración con Abraham Carreiro (Toxosoutos); e varios contos para as coleccións Contos do Miño (A Nosa Terra), Merlín (Xerais), Árbore (Galaxia) e A chalupa (Galaxia).

 AQUI TEDES UN LIM PARA PRACTICAR O QUE SABEDES:



 

 























EXPOSICIÓN COS LIBROS DOS NOSOS NOVOS AUTORES

Os nenos e nenas do CEIP Manuel Cordo Boullosa, do CEIP A Reigosa  e do IES de Ponte Caldelas exporán algúns dos seus traballos na Biblioteca Municipal do Concello de Ponte Caldelas a partir do próximo día 23 de Abril, dentro das actividades a realizar no día do libro. Convidamos a todos a visitala.
Para nós é moi importante dar a coñecer os traballos feitos polo noso alumnado. Reivindicamos aos novos lectores e escritores e agradecemos a colaboración do  Concello de Ponte Caldelas polo interés amosado ante a nosa inicitiva. Grazas Ana.  


 A frase de Concepción Arenal "Abrid escuelas y se cerrarán cárceles" podémola modificar un pouco e dicir: "Abride Bibliotecas e  pecharanse cárceres". Xa que a actual Casa da Cultura do Concello foi no seu tempo cárcere, cuartel da Garda Civil e Xulgado.



miércoles, 10 de abril de 2013

JOSE LUIS SAMPEDRO





Un nome que sempre nos trouxo intelixencia e pensamento.

Un economista que sempre tivo presente que esta estaba ao servizo da colectividade.

Uns libros para ler e... ler e... ler. Moito botaremos de menos esa referencia viva.

Un vello que nunca foi vello. Un home de idade que nunca debía morrer.

Un pensador que sempre nos fará falla.

Nin damas de ferro nin iconas da imaxe. Escritores que souberon envellecer... Se algunha vez a colectividade lle puxo o seu nome a unha rúa, cole, biblioteca, aula,... non terá que arrepentirse.

Autor de grandes novelas:


Autor de libros de economía:


Autor do prólogo da edición española de ¡Indignaos!










jueves, 4 de abril de 2013

PROXECTO E-LBE

O noso centro participa no proxecto E-LBE. Con el a Conselleria de Educación e OU quere levar a cabo un proxecto piloto para avaliar estes novos recursos nos centros educativos. 
No seguinte tríptico toparedes información sobre cómo o imos por en marcha no noso centro.
A posta en funcionamento no noso centro desta iniciativa foi recollida como notica no FARO DE VIGO.
Agardamos que este proxecto sexa ben acollido pola comunidade educativa e contamos coa vosa colaboración. GRAZAS.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...