Este ano para celebrar o Día da Paz levamos a cabo unha serie de actividades sobre os Premios Nobel da Paz e sobre o porque deste día, empregando técnicas de traballo cooperativo. Non so buscamos aprender nomes ou datas senón tamén por en práctica un modo de aprendizaxe no que a colaboración, o traballo en equipo e a búsqueda de información empregando os medios dixitais e informáticos fosen os elementos fundamentais.
O día da paz reunímonos todos no ximnasio, manifestamos as nosas propostas de paz e xuntos cantamos unha canción.
Outra das actividades consistiu na creación da nosa árbore dos desexos, agardamos que vos guste:
A escritora FINA CASALDERREY autora de obras de Literatura Infantil e Xuvenil como Nolo e os Ladróns de Leña que moito do noso alumnado coñece por figurar entre os títulos incluídos no itinerario lector como "Ás de mosca para Anxo" ou "O misterio dos fillos de lúa", obras todas elas maravillosas non so polo seu xeito de escribir senon pola temática e o achegamento dende a tenrura a situacións dramáticas pero reais.
Visitou a nosa escola e disfrutamos da súa proximidade e cómo nos contaba anécdotas da súa infancia. Cando rematou a charla moitos nenos e nenas querían facerlle preguntas ou pedirlle que lles dedicase o libro e atendeu a todos cun enorme cariño.
Con ela a RAG gaña a unha gran escritora e tamén a unha extraordinaria persoa e supón un recoñecemento á chamada literatura infantil e xuvenil.
O "Día Escolar da Non-violencia e a Paz" , fundado en 1964 e conocido tamén como Día Mundial ou Internacional da Non-Violencia e a Paz, celébrase o 30 de xaneiro e é unha iniciativa pioneira, non estatal, non gubernamental, non oficial, independiente, libre e voluntaria de Educación Non violenta e pacificadora.
Celébrase con motivo do aniversario da morte de Mahatma Gandhi, o home da "alma grande", que coa súa loita pacífica conseguiu a independencia da India, o seu país natal.
Neste día deféndese e promóvese o amor universal, a non-violencia, a tolerancia, o respecto polos Dereitos Humanos a solidariedade e a Paz
Según o dicionario: Estado de tranquilidade e sosiego non turbado por molestias, traballos, etc./Tranquilidade pública e especialmente, nas familias, calma e boa correspondencia duns con outros, en contraposición ás riñas ou pleitos / Estado de nación que non está en guerra con ningunha outra. Convenio para dar fin ás hostilidades entre dous ou máis nacions: "asinar a paz".