martes, 30 de abril de 2013

VÍDEO SOBRE AUTISMO FEITO EN 4º A POLAS ALUMNAS DE ALTERNATIVA



 

PEPE CARREIRO NO CEIP MANUEL CORDO BOULLOSA

Visitounos Pepe Carreiro e compartiu con todo o alumnado as súas experiencias:

PEPE CARREIRO NO CEIP CORDO BOULLOSA on PhotoPeach




















SUSA HERRERA NO COLE

VISITOUNOS NA SEMANA DO LIBRO SUSA HERRERA
Susa Herrera cantounos os seus contos ou mellor dito contounos as súas cancións. Aqui podedes vernos:


VISITA DOS NENOS E NENAS DA GARDERÍA

Na semana do libro visitáronnos os nenos e nenas da gardería.


jueves, 18 de abril de 2013

PEPE CARREIRO



 O luns 29 de abril visitará o noso cole Pepe Carreiro. Este ano adicamos o Día do Libro a este gran ilustrador e deseñador de Banda Deseñada. Podedes visitar a exposición sobe os seus libros na Biblioteca e aquí tedes máis información sobre el.




Ilustrador e deseñador de BD, comezou en 1977 coa banda "O fillo de Breogán". Foi un dos fundadores de "Can sen Dono", revista que chegou a dirixir, e ten colaborado con publicacións como "Teima", "El Pueblo Gallego", "Hoja del Lunes de Vigo", "Faro de Vigo", "A Peneira", "La Voz de Galicia", "A Nosa Terra" ou "La Codorniz".

Publicou a saga "A retirada de Sir John Moore" na primeira etapa da revista "Golfiño", que despois foi recompilada en formato álbum por Xerais.

Outras creacións súas inclúen "O curral de Don Mundo", "Maxistérico", "O galo Camilo" e "Robinson".

Como ilustrador para nenos ten acadado moita fama, asinando a serie "Os Bolechas". Ten desenvolvido a publicación infantil "Bule bule" e publicou o álbum "Compostela, historia dunha lenda" (ed. Toxosoutos, 2003) da que se tiraron dez mil exemplares. Como debuxante e guionista de cómic publicou tres álbums da serie Os Barbanzóns: Baroña ou morte, Non solpor da prehistoria e A noite de Samaín; e un álbum da serie Galicia nas guerras napoleónicas: A retirada de Sir John Moore. Tamén é súa a serie Os Formigón (A Nosa Terra); a serie Os Pequenos Barbanzóns, en colaboración con Abraham Carreiro (Toxosoutos); e varios contos para as coleccións Contos do Miño (A Nosa Terra), Merlín (Xerais), Árbore (Galaxia) e A chalupa (Galaxia).

 AQUI TEDES UN LIM PARA PRACTICAR O QUE SABEDES:



 

 























EXPOSICIÓN COS LIBROS DOS NOSOS NOVOS AUTORES

Os nenos e nenas do CEIP Manuel Cordo Boullosa, do CEIP A Reigosa  e do IES de Ponte Caldelas exporán algúns dos seus traballos na Biblioteca Municipal do Concello de Ponte Caldelas a partir do próximo día 23 de Abril, dentro das actividades a realizar no día do libro. Convidamos a todos a visitala.
Para nós é moi importante dar a coñecer os traballos feitos polo noso alumnado. Reivindicamos aos novos lectores e escritores e agradecemos a colaboración do  Concello de Ponte Caldelas polo interés amosado ante a nosa inicitiva. Grazas Ana.  


 A frase de Concepción Arenal "Abrid escuelas y se cerrarán cárceles" podémola modificar un pouco e dicir: "Abride Bibliotecas e  pecharanse cárceres". Xa que a actual Casa da Cultura do Concello foi no seu tempo cárcere, cuartel da Garda Civil e Xulgado.



miércoles, 10 de abril de 2013

JOSE LUIS SAMPEDRO





Un nome que sempre nos trouxo intelixencia e pensamento.

Un economista que sempre tivo presente que esta estaba ao servizo da colectividade.

Uns libros para ler e... ler e... ler. Moito botaremos de menos esa referencia viva.

Un vello que nunca foi vello. Un home de idade que nunca debía morrer.

Un pensador que sempre nos fará falla.

Nin damas de ferro nin iconas da imaxe. Escritores que souberon envellecer... Se algunha vez a colectividade lle puxo o seu nome a unha rúa, cole, biblioteca, aula,... non terá que arrepentirse.

Autor de grandes novelas:


Autor de libros de economía:


Autor do prólogo da edición española de ¡Indignaos!










jueves, 4 de abril de 2013

PROXECTO E-LBE

O noso centro participa no proxecto E-LBE. Con el a Conselleria de Educación e OU quere levar a cabo un proxecto piloto para avaliar estes novos recursos nos centros educativos. 
No seguinte tríptico toparedes información sobre cómo o imos por en marcha no noso centro.
A posta en funcionamento no noso centro desta iniciativa foi recollida como notica no FARO DE VIGO.
Agardamos que este proxecto sexa ben acollido pola comunidade educativa e contamos coa vosa colaboración. GRAZAS.


A CREADORA DO PRIMEIRO LIBRO ELECTRÓNICO


 Agradecer á AULA VIRTUAL do IES SAN PAIO este fenomenal traballo sobre a creadora do primeiro libro electrónico DONA ÁNGELA RUIZ ROBLES.
 
"Non foi Michael Hart, nin en Illinois, nin tampouco aconteceu no ano 1971. O primeiro libro electrónico inventouno dona Angelita, unha mestra ferrolana que se adiantou máis de medio século ao seu tempo. Acredítao unha patente de invención outorgada en 1949 e tamén o modelo de enciclopedia mecánica que se construíu, seguindo as súas indicacións, no Parque de Artillaría de Ferrol.
Ángela Ruiz Robles nace en León en 1895 pero en 1918 obtén unha praza de mestra en Santa Uxía de Mandía, Ferrol (A Coruña) onde estaría dez anos.
En 1934 é nomeada xerente da Escola nacional de Nenas do Hospicio de Ferrol.
Muller tremendamente activa, escribiu libros e deu moitas conferencias, editando ela mesma a maior parte da súa produción, en total 16 obras entre 1938 e 1946.
Entre 1945 e 1975, foi profesora da escola obreira gratuíta do Instituto Ibáñez Martín e da academia de adultos Elmaca. O seu labor didáctico compleméntase coa súa outra faceta: a de inventora.
Angelita morreu en Ferrol en 1975 deixando unha pegada imborrable na comunidade didáctica e científica e, dende logo, entre as moitas persoas que a coñeceron, os alumnos e alumnas que recibiron as súas ensinanzas, as súas tres fillas e todos os que formaron parte da súa familia e ámbito.
Ángela Ruiz Robles visionou a era das pizarras dixitais con varias décadas de antelación. Unha mente privilexiada e unha profunda vocación pola pedagoxía e a educación ideou o primeiro precedente do e-book con tres obxectivos: alixeirar o peso das mochilas dos nenos, facer máis atractiva a aprendizaxe e adaptar o ensino ao nivel de cada estudante.
Colleu forma nos talleres militares ferrolanos nunha sorte de artefacto con carretes que na década dos sesenta a prensa considerou que «rozaba o mundo da abstracción». Construíuse cos materiais de entón e por iso, consideran os seus descendentes, non chegou a converterse en libro electrónico.

Os norteamericanos botaron o ollo ao invento e houbo quen dende Washington intentou comprarlle a patente «Libros cuxo funcionamento é mecánico, eléctrico e a presión de aire». Sen éxito. Dona Angelita, mestra en Mandiá, a escola obreira e directora do colexio Ibáñez Martín, quería que o invento quedase en Galicia e sobre todo, na súa cidade, onde a súa figura foi recordada polo Concello de Ferrol. O talento de Ángela Ruiz Robles, unha das poucas inventoras españolas nunha época na que a paridade era aínda ciencia ficción, verteuse en doce obras científicas e o seu labor foi recoñecido coa Cruz de Alfonso X o Sabio.



Ángela Ruiz con algúns dos seus inventos
Fabricouse en cobre un primeiro prototipo no Parque de Artillaría Del ferrol, no que se incluían algunhas das ideas recollidas na patente do invento. Na década dos sesenta a prensa considerou que «rozaba o mundo da abstracción». Pasou os últimos anos da súa vida intentando que chegase a facerse realidade (unha empresa italiana fixo un deseño en plástico) pero non encontrou investidores para a fabricación.

Ángela Ruiz Robles foi unha adiantada a un tempo ancorado no horizonte tecnolóxico dos anos 40. Pero o que máis resalta a súa figura é a súa constante preocupación por "facer atractiva" a aprendizaxe, por seducir o alumno destinatario do seu invento, nun tempo histórico en que refráns como "libro con moita foto, ben para entreter, libro con moita letra, ben para aprender", "a letra con sangue entra e o labor con dor" ou "antes a obriga que a devoción", indicaban os métodos pedagóxicos preferidos da época.
É unha pena que non sexa tan coñecida como merece, pois a súa figura é exemplar en moitos sentidos: como muller, abriuse paso nun ambiente que a tivese preferido limitada ao seu fogar e a súa familia; como mestra, buscou incesantemente a innovación didáctica necesaria para transformar a educación de acordo coa evolución tecnolóxica e coas necesidades da época; como emprendedora, porque a pesar de que non conseguiu comercializar a súa idea, demostrou ter un espírito creativo e dinámico tanto máis necesario canto máis difíciles son os tempos nos que se está a vivir.

Premios e recoñecementos:
1956. Ministerio de Educación Nacional. - Lazo da Orde de Alfonso X o Sabio.
1957. Óscar á invención na Feira Oficial e Nacional de Zaragoza. 1957. Medalla de Bronce na Exposición Internacional de Bruxelas.
1958. Bruxelas. - Medalla de Bronce polas novidades pedagóxicas.
1959. É nomeada xestora Delegada da Agrupación Sindical de Inventores españois.
1963. Medalla de Prata na Exposición Internacional de Invencións de Bruxelas.
1964. Diploma e Medalla en Sevilla
1970. Exposición no Salón da Inventiva no Pazo de Cristal de Madrid
1973. É nomeado Xefe provincial da Federación Politécnica Científica da Inventiva Internacional.
1998. Colócase na fachada do CEIP Ibáñez Martín unha placa co seu nome.
2008. O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) incluíu a Ángela Ruiz Robles na mostra "Mestras: unha biografía repleta de soles".

ALFABETIZACIÓN DIXITAL E COMPETENCIAS FUNDAMENTAIS

Recomendo ler este interesante artigo sobre alfabetización dixital e comptencias fundamentais.


Neste artigo faise referencia a importancia de construir un entorno no que prime a colaboración e interrelación dos equipos en torno a un proxecto común empregando as novas ferramentas dixitais. É importante ter claro o carácter de FERRAMENTAS dos novos recursos audiovisuais e dixitais, e como tales deben estar a disposición dun proxecto educativo e non ó revés.

Neste sentido tamén pode ser de interese o artigo da web chaval.es sobre o sentido de educar na sociedade dixital.