Agradecementos:

Grazas a tódolos que antes ca nos fixeron blogues e nos deron as súas ideas e o seu traballo, a os plambeeiros, e especialmente a tódolos participes desta aventura, e a ti pola túa visita. Grazas

"Cuanto menos se lee, más daño hace lo que se lee."
Miguel de Unamuno.

El verbo leer, como el verbo amar y el verbo soñar, no soporta 'el modo imperativo'.
Jorge Luis Borges

"Que otros se jacten de las páginas que han escrito; a mí me enorgullecen las que he leído”.
Jorge Luis Borges.

“Un libro abierto es un cerebro que habla; cerrado, un amigo que espera; olvidado, un alma que perdona; destruido, un corazón que llora”.
Proverbio Indú
.

"Lee y conducirás, no leas y serás conducido"
Santa Teresa de Jesús.

lunes, 29 de diciembre de 2014

FESTIVAL DE NADAL

Este foi o ensaio xeral do festival de Nadal. En apenas tres minutos podedes ver un ensaio de máis de dúas horas e o traballo dun mes.


miércoles, 17 de diciembre de 2014

O EQUIPO DA BIBLIOTECA DESEXÁMOSVOS UN BO NADAL

O Equipo de profesores e o alumando colaborador da biblioteca vos quere desexar un Bo Nadal e un próspero aninovo.
Aquí podedes ver unha selección de títulos para o Nadal e in vídeo:










martes, 16 de diciembre de 2014

SEMANA ADICADA Á TRADICIÓN ORAL

Adicamos unha semana a celebrar a tradición oral. 
Todos os que somos "maiores" lembramos as historias que nos contaban as nosas avoas e avós cando eramos nenos. É moi importante que conservemos estas historias e os coñecementos dos nosos maiores e o mellor xeito de conservalos e transmitilos aos nosos fillos e netos.
Estas fantásticas avoas adicaron o seu tempo e esforzo a contarnos historias sobre a horta e como se traballaba no campo cando eran nenas. Todo o alumnado do noso cole puido escoitalas. Moitas graza a: Digna, Canducha, Guillerma, Mariló, Mari Carmen e Rosa.




viernes, 12 de diciembre de 2014

100 anos de Platero




"Platero es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera, que se diría todo de algodón, que no lleva huesos. Sólo los espejos de azabache de sus ojos son duros cual dos escarabajos de cristal negro. Lo dejo suelto y se va al prado y acaricia tibiamente, rozándolas apenas, las florecillas rosas, celestes y gualdas... Lo llamo dulcemente: ¿Platero?, y viene a mí con un trotecillo alegre, que parece que se ríe, en no sé qué cascabeleo ideal..."

Así comeza o libro "Platero y yo" de Juan Ramón Jiménez (Premio Nobel de Literatura no ano 1956), un libro traducido a 49 idiomas, tan só superado pola Biblia e o Quixote. Hoxe celebramos os 100 anos da súa publicación. É un libro de referencia na literatura universal. Podedes lelo on line no portal do Proxecto Guttemberg. Para saber máis sobre esta obra podedes consultar a web da Fundación Juan Ramón Jiménez.

jueves, 11 de diciembre de 2014

CHEGA O NADAL

Un ano máis chega o Nadal e aquí tedes varios contidos para poder divertirse, aprender e xogar.







 






Tamén podemos xogar e aprender clicando nestes enlaces:











jueves, 4 de diciembre de 2014

domingo, 30 de noviembre de 2014

25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A partires do libro "O monstro" de Daniel Martín elaorouse este material para traballar nas nosas aulas "a violencia de xénero"
Equipo de Convivencia do CPI Ponte dos Brozos de Arteixo.


https://issuu.com/tere157/docs/o_monstro/33?e=0

O 25 DE NOVEMBRO: O PRIMEIRO DÍA DO FIN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Estos días  nos que  en tódolos centros educativos estamos a organizar actividades en torno ao fin da violencia de xénero, os telexornais estannos a golpear con terribles novas nas que homes, que non son homes, asasinan a mulleres, por ser mulleres, por ser seres humanos.
Todos sabemos que a meirande parte dos seres humanos son incapaces de facer mal. Pero hai unha pequena parte que si o fai, e debemos ser a maioría a que co noso berro lles poña freno. Se permanecemos calados ante a violencia e a inxustiza, en certa medida somos cómplices desa violencia.

Hai cancións e vídeos de denuncia contra a violencia, algúns xa os vimos en curicuxa noutros anos. Pero agora quixera que escoitárades esta canción na que podemos ver a mulleres reais e ás que se lles recoñece as súas heroicidades cotiás. É un adianto do que será o segundo disco de Guadi Galego, titulado “LÚAS DE OUTUBRO E AGOSTO“. É a homenaxe que Guadi Galego fai as mulleres. Ás de verdade, non ás que saen no “Pronto” ou no “Sálvame”. Á miña nai, á túa irmá, á súa avóa, á noiva, á amiga. É a beleza e o sentimento. Nunca mellor ca hoxe. Ten sentido.




jueves, 27 de noviembre de 2014

AS MATEMÁTICAS SON PARA SEMPRE

Na páxina da Asesoría de Biblioecas Escolares de Galiza topei este fantástico vídeo acerca das matemáticas. Nel  podemos ver a un matemático que explica as cousas cun sorriso... e as explica ben: As matemáticas son para sempre. Conferencia-TED de Eduardo Sáenz de Cabezón, matemático e profesor da Universidad de La Rioja, que ademais gañou con este monólogo o Concurso Internacional de monólogos científicos, que convoca a Fundación Española para la ciencia y la tecnología (FECYT). 


jueves, 20 de noviembre de 2014

NOS TAMÉN ESTAMOS POLA IGUALDADE

As colaboradoras e colaboradores da biblioteca queren facernos pensar sobre os nosos dereitos e cómo se respetan. Todos sabemos que hoxe en día todavía temos que seguir loitando polos dereitos máis elementais e porque se respeten en IGUALDADE para todos e todas.



domingo, 16 de noviembre de 2014

A SEGURIDADE NA REDE



Este venres contamos coa presenza na nosa biblioteca, que últimamente ten algo de espacial, dun experto en seguridade na rede. Falounos acerca da necesidade de adoptar precauncións no uso da rede informática, internet. Tamén puxo de relevo a importancia de ler e cumplir os requisitos esixidos polos creadores e xestores das redes sociais, xa que o incumprimento destes pode acarrear graves consecuencias.
Coñecemos só a superficie do inmenso océano que son, neste momento, as redes sociais e os servizos de mensaxería instantánea, pero desgraciadamente descoñecemos os perigos. 
Quero dar as grazas a este experto da Guardia Civil en delitos informáticos D. José Torres por vir ao noso centro este venres. Volverá estar connosco o vindeiro martes 18 ás catro e media (16:30 h.) para tratar estes temas cos pais e nais do noso alumnado que queira acudir ó centro. Convidamos a tódolos pais/nais ou titores legais do alumnado a vir, independentemente de que os seus fillos esten matriculados no noso centro, no I.E.S. de Ponte Caldelas, no C.E.I.P. de A Reigosa ou no C.E.I.P de A Lama. 


net from curicuxa ponte caldelas on Vimeo.


jueves, 13 de noviembre de 2014

A PELÍCULA "DEFINITIVA" DO HALLOWEEN-SAMAÍN

Grazas ás profes Rosa, Noemí e tamén ó equipo da biblioteca contamos co estreno mundial da película "Halloween no cole". Agardo que vos guste porque aquí estades todos:



miércoles, 12 de noviembre de 2014

UN FERMOSO CORTO DE ANIMACIÓN

    Xa contamos na nosa biblio con esta fermosa historia. Aquí podedes ver un pequeno adianto:






lunes, 10 de noviembre de 2014

A PELÍCULA DO HALLOWEEN-SAMAÍN

Aquí podedes ver este vídeo coas imaxes do Halloween - Samaín na nosa escola.


domingo, 9 de noviembre de 2014

25 ANOS DA CAÍDA DO MURO DE BERLÍN





Hai 25 anos que o mapa de Europa era moi diferente ó actual. Moitos países que hoxe coñecemos (Estonia, Letonia,....) non existían e outros desapareceron (República Democrática de Alemania,...) ó longo destes anos. A orixe destes cambios é complicada e ten moitas explicacións pero o detonante deles está na caída deste muro, para moitos o muro da vergonza, xa que foi construído para separar ás persoas, para cortar a súa liberdade. Desgraciadamente todavía quedan outros muros no mundo, como o de Gaza, que ogallá rematen igual, pero espero que tarden moito menos en caír.







jueves, 6 de noviembre de 2014

domingo, 2 de noviembre de 2014

LEMBRANDO ÁS NOSAS MESTRAS E A NOSA ESCOLA

Ó longo da semana pasada levamos a cabo unha serie de xuntanzas con mestras e exalumnos/as do noso centro. Unhs e outras lembraron os seus anos de escola.
Compartiron con todo o alumnado de Ed. Primaria as súas experiencias e lembranzas. Xuntos aprendemos a por en valor estes anos de escola, de infancia, de amizade e aprendizaxe. Agardo que fose unha experiencia agradable e entrañable para todos.





martes, 28 de octubre de 2014

CELEBRANDO O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este ano celebramos o día das bibliotecas adornando as biblios das aulas. Escollemos como motivo a temática do noso Proxecto Documental Integrado para este ano: a horta.
Todas/os traballáchedes moito e fixéchedes un moi bo traballo. Aquí o podedes ver:


BIBLIOS DE AULA from curicuxa ponte caldelas on Vimeo.




lunes, 27 de octubre de 2014

O UNIVERSO NA BIBLIO



Ó longo do primeiro trimestre traballaremos o espazo, o sistema solar, o universo,... en todolos niveis de Ed. Primaria. Pero tamén en Ed. Infantil traballaremos, coma un proxecto de traballo este tema. Para elo a profe Carmen preparou un fantástico traballo sobre o sistema solar que veremos na biblioteca. Preparamos unha decoración especial e unha exposición con fondos sobre este tema, cos que contamos na nosa biblio e outros cedidos pola biblioteca nodal de Pontevedra. Tamén levaremos a cabo talleres nos que tentaremos crear os nosos propios planetas.



Para ir recollendo documentación podedes ver algúns documentais coma estes:














viernes, 24 de octubre de 2014

LEMBRANDO A ESCOLA





      A próxima semana teremos no cole a varias mestras e antiguos alumnos para falar con nós sobre a escola que eles e elas coñeceron cando eran nenos e nenas e cómo foi cambiando ó longo dos anos.
O luns estará con nós as profes Mari Carmen e Isabel. Poderán escoitalas o alumnado de 5º e 1º de Ed. Primaria.
O martes virán as profes Edina e Merce. Escoitaranna o alumnado de 4º e 2º de Ed. Primaria.
O mércores visitaranos a que fora directora e orientadora do cole Elvira e Isabel, que foi a xefe de estudos no centro, e poderán estar con elas o alumnado de 6º e 3º. 
Os ex alumnos que estarán con nós son Pati, Richi, Marga, Alberto, Lucila, Mónica, Perfecto e Belén.
Grazas a todos por vir a escola. E tamén grazas (anticipadas) a todos por escoitar atentamente o que nos van contar.


jueves, 16 de octubre de 2014

O HOSPITAL DOS LIBROS

Nos últimos anos mercamos moitos libros, pero tamén donáronnos unha boa chea deles. Aínda que cada ano teñamos máis libros, dvd´s, cd´s,.... debemos coidalos, non COMO si fosen nosos, xa que realmente SON NOSOS, é dicir, de todos nos. A pesar de que na inmensa maioría dos casos tense moito coidado deles, ás veces acontecen accidentes, despistes,... e algúns rompen, pérdense ou se estropean. 
O equipo da biblioteca puxo en funcionamento o HOSPITAL DOS LIBROS, para reparar aqueles que teñen amaño. 
Aqui tedes unhas fotos do noso hospital feitas polas colaboradoras Noa M., Alejandra, Érika, Noa R., Alba, Candela, Iris,... e tamén polo colaborador Alberto. Espero non ter esquecido a ninguén, pero si fose así, pídolle disculpas, xa que todos os anos contamos con moitos e moi bos colaboradores, e este anon nalgunha clase apuntouse TODO o alumnado.




HOSPITAL DOS LIBROS from curicuxa ponte caldelas on Vimeo.

miércoles, 8 de octubre de 2014

Visitando a Biblioteca

Co comezo do novo curso voltamos ás aulas e tamén á biblioteca. Lembramos moitas cousas, pero outras quedaron esquencidas despois do verán (como a táboa de multiplicar, por exemplo).
Para recordar as normas da biblioteca, como facer o préstamo e a devolución dos libros, cd´s e dvd´s, organizamos unha visita de tódolos cursos á biblio. Tamén preparamos un xogo no que podemos aplicar o que aprendimos durante a visita sobre a colocación dos libros, as seccións,....



sábado, 4 de octubre de 2014

GALICIAN TUNES


http://www.galiciantunes.com/


Galician Tunes é unha web a través da que se difunde a música galega. O seu catálogo, que tamén dá acceso a 410 vídeos musicais e a información sobre 325 discos, permanece aberto á incorporación de novas bandas, artistas, empresas e festivais galegos.
Desenvolvida a través da Agadic e en colaboración con AGEM e Músicos ao Vivo, busca converterse nunha ferramenta útil cara a unha maior visibilidade social e proxección da industria musical galega baixo esta marca común.

martes, 26 de agosto de 2014

NOVA PÁXINA DE XOGOS EDUCATIVOS

Acaba de aparecer, ou polo menos acabo de descubrila, unha páxina de xogos educativos chamada "mundoprimaria.com"

http://www.mundoprimaria.com/

A LECTURA EN FAMILIA DENDE A INFANCIA

Neste enlace (CLICADE AQUI) podedes atopar un interesantísimo artigo sobre a importancia da lectura durante a infancia, xa que facilita a adquisición da linguaxe, estimula as áreas cognitivas e psico-afectivas do cerebro,.... A lectura en familia e compartida ademáis axuda a establecer hábitos e vínculos importantes.


miércoles, 6 de agosto de 2014

A SENDA DO TEMPO


Preséntovos unha curta documental feita integramente por alumnado de 10 e 11 anos do CEIP Doutor Suarez de Fornelos de Montes que versa sobre a "Senda da Fraga do Río Barragán", un paraíso natural que vos convido a visitar, se aínda é que non a coñecedes. Todo: idea, guión, planificación, rodaxe e montaxe foi realizado polo alumnado. Verdadeiro traballo por competencias!
 

KIKO DA SILVA PREMIADO

 
 
O IX Premio de Banda Deseñada Castelao que anualmente convoca a Deputación da Coruña, foi para Kiko da Silva pola obra O infernodo debuxante.

O xurado do certame, formado por Miguelanxo Prado, Ángel de la Calle e CarlosPortela, valorou especialmente o traballo de Kiko da Silva entre os 13 orixinais presentados, o que supón un récord de participación nesta convocatoria.
O relato ideado por Kiko Da Silva conta a historia de Manuel Pardo, un debuxante que nunca é quen de publicar ningunha das súas creacións porque sempre se atopa con que algunha outra persoa xa o fixera antes.
Kiko, autor da mil e unha propostas arredor da banda deseñada e o humor merece este e mil premios máis!

martes, 27 de mayo de 2014

O ALUMANDO DE ED. INFANTIL TAMÉN PARTICIPOU NO PDI

O alumnado de infantil tamén quixeron participar no PDI(proxecto documental integrado). Pasáronno moi ben e aprenderon un montón. Velaí vai un pequeno resumo:



viernes, 23 de mayo de 2014

Os nenos e nenas de 4º traballaron sobre a fauna e flora do río Verdugo

O alumnado de 4º A e B traballaron sobre a fauna e flora do río Verdugo. Aquí podedes velos:




O ALUMANDO DE 6º TRABALLOU NO PDI

O alumnado de 6º traballou no Proxecto Documental Integrado (PDI) sobre os usos do río. En concreto aprendeu sobre como se produce a enerxía hidroeléctrica no río Verdugo.
Aquí podedes ver o seu traballo:



jueves, 22 de mayo de 2014

O ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO TAMÉN PARTICIPOU NO PDI

O alumnado do segundo ciclo realizou este traballo sobre a influencia dos incendios nos ríos. Agardamos que vos guste.




martes, 20 de mayo de 2014

O RÍO SOA, O PDI DE 1º CICLO

Os nenos de 1º ciclo estivemos a aprender moitas cousas sobre o río Verdugo.
Aprendemos refráns, adiviñas.... bueno, un montón de cousas.
Tamén fixemos unha saída na búsqueda de Pintiñas, unha troita moi simpática que da que recibimos unha carta.
Si queredes saber como remata esta historia, non tedes máis que ver a seguinte presentación. Agardamos que vos guste.




jueves, 15 de mayo de 2014

DIA DAS LETRAS GALEGAS

ESTE ANO ADÍCASE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS AO POETA XOSÉ MARÍA DIAZ CASTRO.
A profe María, a coordinadora do Equipo de Normalización e Dinamización e Lingüística preparounos este resumo sobre Xosé María Díaz Castro.


Despois deste resumo nada mellor que unha canción. podedes escoitar ao alumnado do IES Xosé María Díaz Castro de Guitiriz cantando Nimbos e despois a Paco Nogueiras Nodar:




Os profesores do CEIP Mallón elaboraron estes LIM para aprender máis sobre Xoxé M. Díaz Castro. Para o alumnado de Ed. Infantil clicade AQUÍ e para o de primaria AQUI. Tamén tedes este outro LIM para Ed. Infantil se clicades AQUI.
GRAZAS POLO VOSO TRABALLO.
Nesta páxina podedes topar enlaces con toto tipo de recursos para aprender máis sobre o poeta homexaneado. CLICADE AQUI.
Tamén podemos ler un contoTrátase editado polo colectivo Fabaloba sobre Díaz Castro de pequeno.
Baséase no seu poemario NIMBOS: "O neno e a estrela"
E agora unha paradiña para escoitar outra canción dende o IES Poeta Díaz Castro:





E agora unha LIÑA DO TEMPO. Este recurso permítenos coñecer os acontecementos máis importantes na vida do poeta.


martes, 13 de mayo de 2014

O Contacontos Yago

Yago estivo con nós para contarnos dúas fantásticas historias:
  • O Señor corpo quere xogar; e
  • O prendiz do Home do Saco.
Aquí podedes ver o ben que o pasaron os nenos e nenas de Ed. Infantil  e Primaria.






VISITA DOS NENOS E NENAS DA GUARDERÍA

Tal como ven ocurrindo nos últimos anos, os nenos e nenas da guardería viñeron a facernos unha visita á biblioteca por mor do día do libro.



visita dos nenos e nenas da guardería from curicuxa ponte caldelas on Vimeo.

sábado, 10 de mayo de 2014

Semana da Prensa

Por fin podemos ver os traballos da semana da prensa. Perdón polo Perdón polo retraso. Aqui podedes ver a actividade para celebrar oa semana da prensa. Reunimos xornais de diferentes países do mundo para que puidéramos comprobar os elementos comúns e as diferenzas entre eles. Aínda que aquí so podemos ver unha pequena mostra, todos os grupos de Ed. Infantil e Ed. Primaria puideron participar desta actividade. Agardo que vos guste.

domingo, 4 de mayo de 2014

FELIZ DIA DA NAI (365 DÍAS AO ANO E 24 HORAS Ó DÍA)

FELIZ DÍA DA NAI








OUTROS USOS DOS E-READERS

O equipo da Biblioteca O Leirado do CEIP O Leirado de Salvaterra de Miño fixo un gran traballo para ensinarnos os "outros" usos dos e-readers. Nós usámolo principalmente para a lectura, pero estes aparellos ofrécennos moitas máis posibilidades, como subliñar palabras para a súa busqueda en google, realizar anotacións,... Na súa páxina podedes consutar este traballo: O LEIRADO.


jueves, 1 de mayo de 2014

UN PREMIO PARA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

A Fundación Otero Pedrayo acordou outorgarlle o seu Premio Trasalba deste ano ao escritor Agustín Fernández Paz. Deste xeito recoñéceselle o traballo do autor "no eido da literatura dirixida aos máis novos" así como "o seu compromiso coa lingua e os movementos de renovación pedagóxica que empezaron a desenvolverse a partir dos anos 80". 
 Na nosa biblioteca contamos con moitas das súas obras, aínda que unha das miñas preferidas é "No corzón do bosque", aconséllovola a todos.



miércoles, 23 de abril de 2014

lunes, 21 de abril de 2014

Gabriel García Márquez

"La memoria del corazón elimina los malos recuerdos y magnifica los buenos, y gracias a ese artificio, logramos sobrellevar el pasado."



Finou  Gabriel García Márquez, "Gabo", o extraordinario escritor colombiano creador do xénero "Realismo Máxico". Foi xornalista e novelista e entra as súas obras máis importantes destacan:
  • Cien Años de Soledad.
  • Crónica de una muerte anunciada.
  • El amor en los tiempos del cólera.
  • El otoño del patriarca.
  • Vivir para contarla.
  • Relato de un náufrago.
  • El coronel no tiene quien le escriba.
  • ....e moitas máis novelas.
 Recibiu importantes premios, como o Premio Nobel de Literatura, e recoñecementos por parte de presidentes de moitos países como a Lexión de Honor de Francia,. Mantivo unha actitude de denuncia do imperialismo da pobreza e da violencia que se exercía en Colombia e outros países de Sudamérica.
A temática das súas obras toca diferentes aspectos como a "Soidade", a violencia, a inxustiza ou a identidade cultural de Sudamérica.
Viaxou por moitos países e viviu en Francia, España e México, país onde finalmente morreu, ademáis de en Colombia. Coñercer moitos países e culturas permitiulle ter unha mellor visión e comprensión do mundo e dos seres humanos.

sábado, 12 de abril de 2014

domingo, 6 de abril de 2014

UNHA CANCIÓN PARA O POETA DÍAZ CASTRO

Esa lus" é a nova canción creada dende o IES Poeta Díaz Castro para conmemorar o ano do autor dos Vilares, desta vez empregando unha melodía moi coñecida para musicar os seus versos e traxectoria vital. Dende o neno Pepe ata o poeta que hoxe coñecemos, nesta canción destácase a vixencia da súa lírica e así o transmitiron os máis de douscentos rapaces que participaron dos actos do centenario o pasado 19 de febreiro. Eses actos remataron cun ensaio xeral da canción que esperamos ter perfeccionada para o próximo 17 de maio.

jueves, 3 de abril de 2014

DIA MUNDIAL DA CONCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
2 de abril 



Para celebrar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, deixámosvos un vídeo elaborado por Aroa, Tarikwa e Xela, alumnas de Alternativa durante o curso 2012-2013.
Esperamos que vos guste.

miércoles, 2 de abril de 2014

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

En lembranza do gran escritor de obras infantís, Hans Christian Andersen, adicamos o día de hoxe á literatura infantil. Aqui podedes aprender algo sobre a súa vida e obras.

Para ler algún  dos seus contos clica na imaxe:

CONTOS DE ANDERSEN




AQUI PODEDES VER ALGÚN DOS SEUS CONTOS




jueves, 27 de marzo de 2014

UNHA OBRA PARA CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Os que xa somos un pouco maiores podemos lembrar os tempos nos que na radio podiamos escoitar teatro. Foi, no seu tempo un xeito de divultar obras de teatro. Co tempo chegaron as radio novelas. Esta é a nosa contribución a celebración do día do teatro. Agardamos que vos guste.
Dar a grazas a este fantástico grupo de actrices e actor. Grazas Alba, Andrea, Laura, Andrea , Paula e Juan.


domingo, 16 de marzo de 2014

TRABALLO POR PROXECTOS

Na aula virtual do CEFORE publicaron un moi bo traballo sobre a elaboración de proxectos. É moi interesante. Podedes consultalo clicando AQUI



INTERESANTE ARTIGO EN "LECTURA LAB" SOBRE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Philip Pullman: cada escuela debería tener una buena biblioteca

6/3/2014

Philip Pullman, autor de la trilogía narrativa La materia oscura, y presidente de la Sociedad de Autores del Reino Unido, se ha pronunciado en defensa de las bibliotecas escolares y en la necesidad de que éstas cuenten con el personal y el equipamiento adecuado. En su declaración, alabó el papel que desempeñan los bibliotecarios y los profesores en el fomento de la lectura y cómo son capaces de mostrar a los estudiantes lo hermoso que es leer por placer.


Durante su intervención en un programa de radio –informa Joshua Farrington en The Bookseller– Pullman ha informado de una conversación mantenida con el ministro de Educación, Michael Gove, en la que le habló de lo importante que es proteger y mantener las bibliotecas escolares y la necesidad de que éstas cuenten con el equipamiento adecuado. El escritor elogió el Servicio de las Bibliotecas de este país y criticó los recortes a los que se ven sometidas.
En cuanto a la alfabetización –continúa el artículo– el escritor habló de lo necesarios que son los bibliotecarios y los profesores para animar a los niños a leer por placer. Un programa adecuado de fomento de la lectura es, en su opinión, aquel en el que los docentes y el personal de la biblioteca son conscientes de lo que los niños leen en cada momento y en el que se les anima a leer, pero no ante la amenaza de bajar sus calificaciones sino desde el consejo y la recomendación.







img
img







viernes, 14 de marzo de 2014

CONCURSO LITERARIO SOBRE A IGUALDADE

 A igualdade é un dereito de todos e todas, pero tamén é o un agasallo que nos damos a nós mesmos e como tal debemos protexelo.
Alejandra Solla Vázquez de 5ºB gañou o 1º Premio no Concurso Literario sobre Igualdade.

Esperemos que vos guste.

"A MULLER QUE SE MANIFESTOU"


martes, 11 de marzo de 2014

Semana de la prensa

 SEMANA DA PRENSA



Estamos a celebrar a semana da prensa na escola.
Podedes visitar a exposición de xornais que temos na biblioteca e si queredes xogar por parellas ou equipos a resolver unhas sinxelas (ou non tanto) cuestións que vos propoñemos.
Un dos xéneros periodísticos é a entrevista. Aqui tedes un enlace para aprender a facer unha, grazas a este titorial realizado polo equipo de biblioteca do CEIP de Frian Teis. CLICADE AQUI.
Lembrade que para coñecer xornais de todo o mundo podedes visitar a páxina KIOSKO.NET que tedes no lateral dereito do noso blogue (a imaxe co kiosko)
Pero tamén quixera que aprendéramos máis sobre a prensa, como por exemplo cal é a súa finalidade (para que sirve), que medios pode empregar,....


)

Prensa é un termo que se pode usar tanto para os xornais como para a radio....


)

ou a TV.



 Bueno eu creo que o de facer un programa de televisión debe ser un chisco máis difícil.

lunes, 3 de marzo de 2014

UNHA HISTORIA DE AMOR AOS LIBROS. AMOR A LER E ESCOITAR HISTORIAS

 O alumando de 3 B preparou esta lectura do libro "El oso que amaba los libros" de Dennis Haseley y Jim  LaMarche. Agardamos que vos guste.


ADIOS RIOS, ADIOS FONTES. GOODBYE RIVERS, GOODBYE SPRINGS

PÁXINAS WEB PARA TRABALLAR E XOGAR

A Comunidade Autónima de Canarias ten varias páxinas para traballar e xogar con temas do currículo de matemáticas, C. Medio, Língua Castelá,...
Unha delas é o Tanque Matemático na que podedes practicar as táboas, cálculo mental ou diferentes problemas. Para visitala CLICADE AQUI
Outra páxina é o PROXECTO NEWTON. MATEMÁTICAS PARA A VIDA. Nela tamén toparedes recursos para traballar as habilidades matemáticas. Para visitala CLICADE AQUI.

sábado, 22 de febrero de 2014

75 anos da morte de Antonio Machado

 


    O 22 de febreiro conmemórase o 75 aniversario da morte do poeta Antonio Machado.
Este é un poema adicado á infancia:

Yo conocí siendo niño,
la alegría de dar vueltas
sobre un corcel colorado,
en una noche de fiesta.
En el aire polvoriento
chispeaban las candelas,
y la noche azul ardía
toda sembrada de estrellas.
¡Alegrías infantiles
que cuestan una moneda
de cobre, lindos pegasos,
caballitos de madera!

Foi unha figura clave da poesía española de tódolos tempos. Formou parte da xeración do 98 e convertiuse nun símbolo de liberdade. Numerosos cantautores musicaron os seus poemas; de entre eles, salientar a Joan Manuel Serrat e Paco Ibáñez.










miércoles, 19 de febrero de 2014

miércoles, 12 de febrero de 2014

O DIA DOS NAMORADOS

Os nenos e nenas de 3 anos do CPI de Mondariz contan esta historia de "amor" entre crocodilo e xirafa. Seguro que vos gustará.

lunes, 27 de enero de 2014

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ

Este ano adicamos o Día da Paz a Nelson Mandela. Aqui podedes topar información para aprender máis sobre el e as causas polas que chegou a ser un heroe do noso tempo l:


Pero eu quixera lembrar a un persoaxe moi especial: Rosa Parks. Ela foi unha muller humilde que un día decidiu dicir NON a unha inxustiza. enfrentouse ela soa a un sistema que discriminaba a uns seres humanos doutros. Lede este documento para aprender algo máis sobre ela:


Aquí tedes un enlace para comprobar todo o que sabedes sobre o nos protagonista do día da paz:
Quiz Revolution:

Tamén podemos xogar con este Lim sobre a PAZ. Para velo clica AQUI.

domingo, 26 de enero de 2014

UN BLOG ADICADO Á CIENCIA: CIENCIA FÁCIL

http://blogs.hoy.es/ciencia-facil/
Este blog está adicado á ciencia, nel poderedes aprender moitas curiosidades dun xeito divertido. Para velo so tedes que clicar na imaxe.

http://ineverycrea.net/comunidad/ineverycrea/recurso/ciencia-para-nios/9960bd9b-4640-41fc-aad1-3d97aefb562d

 Este outro blogue tamén está destinado á divulgación científica entre os máis cativos. Do mesmo xeito se queredes visitalo tan só tedes que clicar na imaxe.

Lembrade que en Galicia tamén facemos ciencia. Para velo clica AQUI.

domingo, 19 de enero de 2014

Un gran poeta



O poeta arxentino Juan Gelman morreu en México a pasada semana. Foi un extraordinario escritor e en recoñecemento da súa obra recibiu o Premio Cervantes no ano 2007.

 La poesía no hace
que algo suceda, dijo W. H. Auden.
Apenas sobrevive, dijo.
No dijo por qué. Sobrevive como
sobrevive la imposibilidad.

Encontro cun Garda Forestal

Grazas a Antonio que é garda forestal nos nosos montes puidemos aprender máis acerca dos incendios forestais e das súas consecuencias nos ríos.
Grazas polo teu traballo de protección e recuperación do noso patrimonio e tamén por vir á nosa escola a ensinarnos máis sobre esta praga que ano tras ano ataca ós nosos montes.

O Garda forestal Antonio na nosa Biblio on PhotoPeach

Para obter máis información sobre a Terra

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...