martes, 27 de mayo de 2014

O ALUMANDO DE ED. INFANTIL TAMÉN PARTICIPOU NO PDI

O alumnado de infantil tamén quixeron participar no PDI(proxecto documental integrado). Pasáronno moi ben e aprenderon un montón. Velaí vai un pequeno resumo:



viernes, 23 de mayo de 2014

Os nenos e nenas de 4º traballaron sobre a fauna e flora do río Verdugo

O alumnado de 4º A e B traballaron sobre a fauna e flora do río Verdugo. Aquí podedes velos:




O ALUMANDO DE 6º TRABALLOU NO PDI

O alumnado de 6º traballou no Proxecto Documental Integrado (PDI) sobre os usos do río. En concreto aprendeu sobre como se produce a enerxía hidroeléctrica no río Verdugo.
Aquí podedes ver o seu traballo:



jueves, 22 de mayo de 2014

O ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO TAMÉN PARTICIPOU NO PDI

O alumnado do segundo ciclo realizou este traballo sobre a influencia dos incendios nos ríos. Agardamos que vos guste.




martes, 20 de mayo de 2014

O RÍO SOA, O PDI DE 1º CICLO

Os nenos de 1º ciclo estivemos a aprender moitas cousas sobre o río Verdugo.
Aprendemos refráns, adiviñas.... bueno, un montón de cousas.
Tamén fixemos unha saída na búsqueda de Pintiñas, unha troita moi simpática que da que recibimos unha carta.
Si queredes saber como remata esta historia, non tedes máis que ver a seguinte presentación. Agardamos que vos guste.




jueves, 15 de mayo de 2014

DIA DAS LETRAS GALEGAS

ESTE ANO ADÍCASE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS AO POETA XOSÉ MARÍA DIAZ CASTRO.
A profe María, a coordinadora do Equipo de Normalización e Dinamización e Lingüística preparounos este resumo sobre Xosé María Díaz Castro.


Despois deste resumo nada mellor que unha canción. podedes escoitar ao alumnado do IES Xosé María Díaz Castro de Guitiriz cantando Nimbos e despois a Paco Nogueiras Nodar:




Os profesores do CEIP Mallón elaboraron estes LIM para aprender máis sobre Xoxé M. Díaz Castro. Para o alumnado de Ed. Infantil clicade AQUÍ e para o de primaria AQUI. Tamén tedes este outro LIM para Ed. Infantil se clicades AQUI.
GRAZAS POLO VOSO TRABALLO.
Nesta páxina podedes topar enlaces con toto tipo de recursos para aprender máis sobre o poeta homexaneado. CLICADE AQUI.
Tamén podemos ler un contoTrátase editado polo colectivo Fabaloba sobre Díaz Castro de pequeno.
Baséase no seu poemario NIMBOS: "O neno e a estrela"
E agora unha paradiña para escoitar outra canción dende o IES Poeta Díaz Castro:





E agora unha LIÑA DO TEMPO. Este recurso permítenos coñecer os acontecementos máis importantes na vida do poeta.


martes, 13 de mayo de 2014

O Contacontos Yago

Yago estivo con nós para contarnos dúas fantásticas historias:
  • O Señor corpo quere xogar; e
  • O prendiz do Home do Saco.
Aquí podedes ver o ben que o pasaron os nenos e nenas de Ed. Infantil  e Primaria.






VISITA DOS NENOS E NENAS DA GUARDERÍA

Tal como ven ocurrindo nos últimos anos, os nenos e nenas da guardería viñeron a facernos unha visita á biblioteca por mor do día do libro.



visita dos nenos e nenas da guardería from curicuxa ponte caldelas on Vimeo.

sábado, 10 de mayo de 2014

Semana da Prensa

Por fin podemos ver os traballos da semana da prensa. Perdón polo Perdón polo retraso. Aqui podedes ver a actividade para celebrar oa semana da prensa. Reunimos xornais de diferentes países do mundo para que puidéramos comprobar os elementos comúns e as diferenzas entre eles. Aínda que aquí so podemos ver unha pequena mostra, todos os grupos de Ed. Infantil e Ed. Primaria puideron participar desta actividade. Agardo que vos guste.

domingo, 4 de mayo de 2014

FELIZ DIA DA NAI (365 DÍAS AO ANO E 24 HORAS Ó DÍA)

FELIZ DÍA DA NAI








OUTROS USOS DOS E-READERS

O equipo da Biblioteca O Leirado do CEIP O Leirado de Salvaterra de Miño fixo un gran traballo para ensinarnos os "outros" usos dos e-readers. Nós usámolo principalmente para a lectura, pero estes aparellos ofrécennos moitas máis posibilidades, como subliñar palabras para a súa busqueda en google, realizar anotacións,... Na súa páxina podedes consutar este traballo: O LEIRADO.


jueves, 1 de mayo de 2014

UN PREMIO PARA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

A Fundación Otero Pedrayo acordou outorgarlle o seu Premio Trasalba deste ano ao escritor Agustín Fernández Paz. Deste xeito recoñéceselle o traballo do autor "no eido da literatura dirixida aos máis novos" así como "o seu compromiso coa lingua e os movementos de renovación pedagóxica que empezaron a desenvolverse a partir dos anos 80". 
 Na nosa biblioteca contamos con moitas das súas obras, aínda que unha das miñas preferidas é "No corzón do bosque", aconséllovola a todos.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...