Agradecementos:

Grazas a tódolos que antes ca nos fixeron blogues e nos deron as súas ideas e o seu traballo, a os plambeeiros, e especialmente a tódolos participes desta aventura, e a ti pola túa visita. Grazas

"Cuanto menos se lee, más daño hace lo que se lee."
Miguel de Unamuno.

El verbo leer, como el verbo amar y el verbo soñar, no soporta 'el modo imperativo'.
Jorge Luis Borges

"Que otros se jacten de las páginas que han escrito; a mí me enorgullecen las que he leído”.
Jorge Luis Borges.

“Un libro abierto es un cerebro que habla; cerrado, un amigo que espera; olvidado, un alma que perdona; destruido, un corazón que llora”.
Proverbio Indú
.

"Lee y conducirás, no leas y serás conducido"
Santa Teresa de Jesús.

martes, 28 de octubre de 2014

CELEBRANDO O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este ano celebramos o día das bibliotecas adornando as biblios das aulas. Escollemos como motivo a temática do noso Proxecto Documental Integrado para este ano: a horta.
Todas/os traballáchedes moito e fixéchedes un moi bo traballo. Aquí o podedes ver:


BIBLIOS DE AULA from curicuxa ponte caldelas on Vimeo.




lunes, 27 de octubre de 2014

O UNIVERSO NA BIBLIO



Ó longo do primeiro trimestre traballaremos o espazo, o sistema solar, o universo,... en todolos niveis de Ed. Primaria. Pero tamén en Ed. Infantil traballaremos, coma un proxecto de traballo este tema. Para elo a profe Carmen preparou un fantástico traballo sobre o sistema solar que veremos na biblioteca. Preparamos unha decoración especial e unha exposición con fondos sobre este tema, cos que contamos na nosa biblio e outros cedidos pola biblioteca nodal de Pontevedra. Tamén levaremos a cabo talleres nos que tentaremos crear os nosos propios planetas.



Para ir recollendo documentación podedes ver algúns documentais coma estes:














viernes, 24 de octubre de 2014

LEMBRANDO A ESCOLA





      A próxima semana teremos no cole a varias mestras e antiguos alumnos para falar con nós sobre a escola que eles e elas coñeceron cando eran nenos e nenas e cómo foi cambiando ó longo dos anos.
O luns estará con nós as profes Mari Carmen e Isabel. Poderán escoitalas o alumnado de 5º e 1º de Ed. Primaria.
O martes virán as profes Edina e Merce. Escoitaranna o alumnado de 4º e 2º de Ed. Primaria.
O mércores visitaranos a que fora directora e orientadora do cole Elvira e Isabel, que foi a xefe de estudos no centro, e poderán estar con elas o alumnado de 6º e 3º. 
Os ex alumnos que estarán con nós son Pati, Richi, Marga, Alberto, Lucila, Mónica, Perfecto e Belén.
Grazas a todos por vir a escola. E tamén grazas (anticipadas) a todos por escoitar atentamente o que nos van contar.


jueves, 16 de octubre de 2014

O HOSPITAL DOS LIBROS

Nos últimos anos mercamos moitos libros, pero tamén donáronnos unha boa chea deles. Aínda que cada ano teñamos máis libros, dvd´s, cd´s,.... debemos coidalos, non COMO si fosen nosos, xa que realmente SON NOSOS, é dicir, de todos nos. A pesar de que na inmensa maioría dos casos tense moito coidado deles, ás veces acontecen accidentes, despistes,... e algúns rompen, pérdense ou se estropean. 
O equipo da biblioteca puxo en funcionamento o HOSPITAL DOS LIBROS, para reparar aqueles que teñen amaño. 
Aqui tedes unhas fotos do noso hospital feitas polas colaboradoras Noa M., Alejandra, Érika, Noa R., Alba, Candela, Iris,... e tamén polo colaborador Alberto. Espero non ter esquecido a ninguén, pero si fose así, pídolle disculpas, xa que todos os anos contamos con moitos e moi bos colaboradores, e este anon nalgunha clase apuntouse TODO o alumnado.




HOSPITAL DOS LIBROS from curicuxa ponte caldelas on Vimeo.

miércoles, 8 de octubre de 2014

Visitando a Biblioteca

Co comezo do novo curso voltamos ás aulas e tamén á biblioteca. Lembramos moitas cousas, pero outras quedaron esquencidas despois do verán (como a táboa de multiplicar, por exemplo).
Para recordar as normas da biblioteca, como facer o préstamo e a devolución dos libros, cd´s e dvd´s, organizamos unha visita de tódolos cursos á biblio. Tamén preparamos un xogo no que podemos aplicar o que aprendimos durante a visita sobre a colocación dos libros, as seccións,....



sábado, 4 de octubre de 2014

GALICIAN TUNES


http://www.galiciantunes.com/


Galician Tunes é unha web a través da que se difunde a música galega. O seu catálogo, que tamén dá acceso a 410 vídeos musicais e a información sobre 325 discos, permanece aberto á incorporación de novas bandas, artistas, empresas e festivais galegos.
Desenvolvida a través da Agadic e en colaboración con AGEM e Músicos ao Vivo, busca converterse nunha ferramenta útil cara a unha maior visibilidade social e proxección da industria musical galega baixo esta marca común.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...