domingo, 30 de noviembre de 2014

25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A partires do libro "O monstro" de Daniel Martín elaorouse este material para traballar nas nosas aulas "a violencia de xénero"
Equipo de Convivencia do CPI Ponte dos Brozos de Arteixo.


https://issuu.com/tere157/docs/o_monstro/33?e=0

O 25 DE NOVEMBRO: O PRIMEIRO DÍA DO FIN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Estos días  nos que  en tódolos centros educativos estamos a organizar actividades en torno ao fin da violencia de xénero, os telexornais estannos a golpear con terribles novas nas que homes, que non son homes, asasinan a mulleres, por ser mulleres, por ser seres humanos.
Todos sabemos que a meirande parte dos seres humanos son incapaces de facer mal. Pero hai unha pequena parte que si o fai, e debemos ser a maioría a que co noso berro lles poña freno. Se permanecemos calados ante a violencia e a inxustiza, en certa medida somos cómplices desa violencia.

Hai cancións e vídeos de denuncia contra a violencia, algúns xa os vimos en curicuxa noutros anos. Pero agora quixera que escoitárades esta canción na que podemos ver a mulleres reais e ás que se lles recoñece as súas heroicidades cotiás. É un adianto do que será o segundo disco de Guadi Galego, titulado “LÚAS DE OUTUBRO E AGOSTO“. É a homenaxe que Guadi Galego fai as mulleres. Ás de verdade, non ás que saen no “Pronto” ou no “Sálvame”. Á miña nai, á túa irmá, á súa avóa, á noiva, á amiga. É a beleza e o sentimento. Nunca mellor ca hoxe. Ten sentido.




jueves, 27 de noviembre de 2014

AS MATEMÁTICAS SON PARA SEMPRE

Na páxina da Asesoría de Biblioecas Escolares de Galiza topei este fantástico vídeo acerca das matemáticas. Nel  podemos ver a un matemático que explica as cousas cun sorriso... e as explica ben: As matemáticas son para sempre. Conferencia-TED de Eduardo Sáenz de Cabezón, matemático e profesor da Universidad de La Rioja, que ademais gañou con este monólogo o Concurso Internacional de monólogos científicos, que convoca a Fundación Española para la ciencia y la tecnología (FECYT). 


jueves, 20 de noviembre de 2014

NOS TAMÉN ESTAMOS POLA IGUALDADE

As colaboradoras e colaboradores da biblioteca queren facernos pensar sobre os nosos dereitos e cómo se respetan. Todos sabemos que hoxe en día todavía temos que seguir loitando polos dereitos máis elementais e porque se respeten en IGUALDADE para todos e todas.



domingo, 16 de noviembre de 2014

A SEGURIDADE NA REDE



Este venres contamos coa presenza na nosa biblioteca, que últimamente ten algo de espacial, dun experto en seguridade na rede. Falounos acerca da necesidade de adoptar precauncións no uso da rede informática, internet. Tamén puxo de relevo a importancia de ler e cumplir os requisitos esixidos polos creadores e xestores das redes sociais, xa que o incumprimento destes pode acarrear graves consecuencias.
Coñecemos só a superficie do inmenso océano que son, neste momento, as redes sociais e os servizos de mensaxería instantánea, pero desgraciadamente descoñecemos os perigos. 
Quero dar as grazas a este experto da Guardia Civil en delitos informáticos D. José Torres por vir ao noso centro este venres. Volverá estar connosco o vindeiro martes 18 ás catro e media (16:30 h.) para tratar estes temas cos pais e nais do noso alumnado que queira acudir ó centro. Convidamos a tódolos pais/nais ou titores legais do alumnado a vir, independentemente de que os seus fillos esten matriculados no noso centro, no I.E.S. de Ponte Caldelas, no C.E.I.P. de A Reigosa ou no C.E.I.P de A Lama. 


net from curicuxa ponte caldelas on Vimeo.


jueves, 13 de noviembre de 2014

A PELÍCULA "DEFINITIVA" DO HALLOWEEN-SAMAÍN

Grazas ás profes Rosa, Noemí e tamén ó equipo da biblioteca contamos co estreno mundial da película "Halloween no cole". Agardo que vos guste porque aquí estades todos:



miércoles, 12 de noviembre de 2014

UN FERMOSO CORTO DE ANIMACIÓN

    Xa contamos na nosa biblio con esta fermosa historia. Aquí podedes ver un pequeno adianto:






lunes, 10 de noviembre de 2014

A PELÍCULA DO HALLOWEEN-SAMAÍN

Aquí podedes ver este vídeo coas imaxes do Halloween - Samaín na nosa escola.


domingo, 9 de noviembre de 2014

25 ANOS DA CAÍDA DO MURO DE BERLÍN





Hai 25 anos que o mapa de Europa era moi diferente ó actual. Moitos países que hoxe coñecemos (Estonia, Letonia,....) non existían e outros desapareceron (República Democrática de Alemania,...) ó longo destes anos. A orixe destes cambios é complicada e ten moitas explicacións pero o detonante deles está na caída deste muro, para moitos o muro da vergonza, xa que foi construído para separar ás persoas, para cortar a súa liberdade. Desgraciadamente todavía quedan outros muros no mundo, como o de Gaza, que ogallá rematen igual, pero espero que tarden moito menos en caír.







jueves, 6 de noviembre de 2014

domingo, 2 de noviembre de 2014

LEMBRANDO ÁS NOSAS MESTRAS E A NOSA ESCOLA

Ó longo da semana pasada levamos a cabo unha serie de xuntanzas con mestras e exalumnos/as do noso centro. Unhs e outras lembraron os seus anos de escola.
Compartiron con todo o alumnado de Ed. Primaria as súas experiencias e lembranzas. Xuntos aprendemos a por en valor estes anos de escola, de infancia, de amizade e aprendizaxe. Agardo que fose unha experiencia agradable e entrañable para todos.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...