lunes, 29 de diciembre de 2014

FESTIVAL DE NADAL

Este foi o ensaio xeral do festival de Nadal. En apenas tres minutos podedes ver un ensaio de máis de dúas horas e o traballo dun mes.


miércoles, 17 de diciembre de 2014

O EQUIPO DA BIBLIOTECA DESEXÁMOSVOS UN BO NADAL

O Equipo de profesores e o alumando colaborador da biblioteca vos quere desexar un Bo Nadal e un próspero aninovo.
Aquí podedes ver unha selección de títulos para o Nadal e in vídeo:










martes, 16 de diciembre de 2014

SEMANA ADICADA Á TRADICIÓN ORAL

Adicamos unha semana a celebrar a tradición oral. 
Todos os que somos "maiores" lembramos as historias que nos contaban as nosas avoas e avós cando eramos nenos. É moi importante que conservemos estas historias e os coñecementos dos nosos maiores e o mellor xeito de conservalos e transmitilos aos nosos fillos e netos.
Estas fantásticas avoas adicaron o seu tempo e esforzo a contarnos historias sobre a horta e como se traballaba no campo cando eran nenas. Todo o alumnado do noso cole puido escoitalas. Moitas graza a: Digna, Canducha, Guillerma, Mariló, Mari Carmen e Rosa.




viernes, 12 de diciembre de 2014

100 anos de Platero




"Platero es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera, que se diría todo de algodón, que no lleva huesos. Sólo los espejos de azabache de sus ojos son duros cual dos escarabajos de cristal negro. Lo dejo suelto y se va al prado y acaricia tibiamente, rozándolas apenas, las florecillas rosas, celestes y gualdas... Lo llamo dulcemente: ¿Platero?, y viene a mí con un trotecillo alegre, que parece que se ríe, en no sé qué cascabeleo ideal..."

Así comeza o libro "Platero y yo" de Juan Ramón Jiménez (Premio Nobel de Literatura no ano 1956), un libro traducido a 49 idiomas, tan só superado pola Biblia e o Quixote. Hoxe celebramos os 100 anos da súa publicación. É un libro de referencia na literatura universal. Podedes lelo on line no portal do Proxecto Guttemberg. Para saber máis sobre esta obra podedes consultar a web da Fundación Juan Ramón Jiménez.

jueves, 11 de diciembre de 2014

CHEGA O NADAL

Un ano máis chega o Nadal e aquí tedes varios contidos para poder divertirse, aprender e xogar.







 






Tamén podemos xogar e aprender clicando nestes enlaces:











jueves, 4 de diciembre de 2014

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...