miércoles, 25 de marzo de 2015

Volve a radio a Curicuxa!


 O alumnado de 6º preparou esta obra de teatro de Carlos Labraña e iniciamos a nosa "radio novela". Agardamos que vos guste e que sigades os próximos capítulos.
Aquí podedes escoitar a historia neutro sitio
 










 Carlos Labraña

jueves, 19 de marzo de 2015

ECLIPSE



Mañá día vinte poderemos contemplar un dos acontecementos máis espectaculares da natureza: un eclipse. Galicia será un dos lugares mellor situados para poder contemplalo.
Un eclipse é o escurecemento dun corpo celeste por outro corpo celeste. No noso caso os eclipses poden ser de Lúa ou de Sol.
Un eclipse lunar acontece cando a Terra se encontra entre o Sol e a Lúa e a súa sombra escurece a Lúa.
O eclipse solar prodúcese cando a Lúa se encontra entre o Sol e a Terra e a súa sombra se proxecta sobre a superficie terrestre.
A NASA elaborou un calendario dos eclipses de Lúa e de Sol dos próximos anos que podedes consultar na súa páxina WEB. Tamén podedes consultar unha guía para poder contemplar eclipses na sección de ciencia do diario El País
A wikipedia tamén nos ofrece moita información.
Nestes vídeos tamén podedes aprender máis:







jueves, 12 de marzo de 2015

KAMISHIBAI

Nas últimas semanas nenas e nenos de Ed Infantil, 1º e 2º de Ed. Primaria asistiron a unhas sesións de contacontos a cargo de alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria. Empregaron un Kamishibai, que é unha especie de teatriño empregado para contar historias co apoio de imaxes. Aquí podedes velos.




domingo, 8 de marzo de 2015

8 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este é un pequeno recoñecemento ao papel de moitas mulleres na nosa historia, tanto na persoal como na que nos construímos como pobo. É unha pequena escolma das centenas e milleiros que levaron un papel fundamental na historia que que foron deliveradamente esquencidas.
Deberon loitar contra as dificultades propias da súa época e tamén contra as que se lles impuso polo feito de ser mulleres. GRAZAS A TODAS.
Loitemos todas as persoas homes e mulleres, por acabar coas desigualdades de xénero.