Agradecementos:

Grazas a tódolos que antes ca nos fixeron blogues e nos deron as súas ideas e o seu traballo, a os plambeeiros, e especialmente a tódolos participes desta aventura, e a ti pola túa visita. Grazas

"Cuanto menos se lee, más daño hace lo que se lee."
Miguel de Unamuno.

El verbo leer, como el verbo amar y el verbo soñar, no soporta 'el modo imperativo'.
Jorge Luis Borges

"Que otros se jacten de las páginas que han escrito; a mí me enorgullecen las que he leído”.
Jorge Luis Borges.

“Un libro abierto es un cerebro que habla; cerrado, un amigo que espera; olvidado, un alma que perdona; destruido, un corazón que llora”.
Proverbio Indú
.

"Lee y conducirás, no leas y serás conducido"
Santa Teresa de Jesús.

martes, 28 de abril de 2015

Estas foron as nosas actividades no Día do Libro






COMO FIARTE DUNHA PÁXINA WEB?

Grazas ás compañeiras e compañeiros do CEIP Sofía Casanova podemos aprender un pouco máis acerca do que necesitamos ter en conta para poder "fiarnos" dunha páxina web. Esta é unha cuestión moi importante, xa que hoxe en día caemos moi facilmente no erro de "copiar e pegar", sen confirmar a información. Do mesmo xeito que non todo o que nos dí a TV é certo, tampouco todo o que aparece en internet debe selo.




lunes, 27 de abril de 2015

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES DE ABRIL

Neste mes de abril e coincidindo coa celebración do día do libro os alumnos mais maiores do cole visitaron aos de infantil para ler con eles.
Xa veredes que atentos estiveron todos ás estupendas historias que lles contaron.....


Padriños lectores abril from Departamento de orientación on Vimeo.

sábado, 25 de abril de 2015

PREMIO DOS CLUBES DE LECTURA A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

O Portal Educativo publica hoxe, co gallo da celebración do Día Mundial do Libro, a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 23 de abril de 2015, pola que se recoñece o autor galego máis lido polos clubs de lectura do ámbito educativo no curso precedente, galardón que se entregará nesta ocasión a Agustín Fernández Paz, no transcurso da que será a VIII Xornada dos Clubs de Lectura, que terá lugar o próximo 5 de xuño en Santiago de Compostela.
Profesoras e profesores que coordinan estes clubs de lectura nos centros de ensino secundario e postobrigatorio, amosaron o seu interese por recoñecer a aqueles autores e autoras que, cos seus libros, axudan á construción dos lectores. Uns creadores comprometidos coa lingua que achegan a materia prima coa que os clubs de lectura poden contribuír á extensión da lectura en galego. Establécese así o Premio dos Clubs de Lectura que, cada ano, outorgarase ao autor ou á autora de obra en galego que resultase seleccionado polo maior número de clubs de lectura no curso precedente.
Na VIII Xornada dos Clubs de Lectura, Agustín Fernández Paz recibirá a homenaxe do profesorado asistente e, por el representados, de todos os lectores e lectoras  participantes nos clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia.  
 Curiosamene no clube de lectura do noso centro tamén estamos a ler unha das sáus obras "No corazón do bosque". Noraboa por este novo recoñecemento.



jueves, 23 de abril de 2015

DIA DO LIBRO

Hoxe 23 de abril é un día especial para nós. Celebramos o día do libro. Recordamos a dous dos máis importantes autores, Shakespeare e Cervantes. Do primeiro coñecemos moitas obras como Romeo e Xulieta, Macbeth, Hamlet,..., maioritariamente obras de teatro que o converten no autor teatral, posiblemente, máis representado. Don Miguel de Cervantes Saavedra deixounos a novela cumbre das letras castelás "Don Quijote de la Mancha" (se clicades aquí poderedes visitar unha web na que aprenderedes moitas cousas sobre este persoaxe).



Entre as celebracións que se levan a cabo neste día, esta a entrega do Premio Cervantes, que este ano se lle concedeu a Juan Goytisolo. Pode resulta moi recomendable escoitar o seu discurso de aceptación do Premio, xa que nel trae ó noso tempo a un don Quijote que, seguramente, lanza en ristre faríalle fronte ás inxustizas.




miércoles, 22 de abril de 2015

A Fraga das árbores das palabras. Episodio 2

Xa podedes disfrutar do segundo episodio da obra representada polos rapaces e rapazas de 6ºB Aquí tedes outro sitio onde podedes escoitar a historia

martes, 14 de abril de 2015

Consellos lectores: "Curiconsellos"

Un grupo de nenas e nenos fíxonos estas recomendacións lectoras. Prestade atención ata o final!!!!
Nas portadas ou contraportadas dos libros recomendados por estes compañeiros poderedes ver un código QR. Si o enfocades cun móbil ou unha táblet e tedes a aplicación capaz de lelos, vos enviarán ó vídeos onde estes compañeiros nolos recomendan.








lunes, 13 de abril de 2015

SEMANA DA PRENSA

Este ano tamén quixemos adicar algo de tempo a facer algunha cousiña durante a SEMANA DA PRENSA.
E fartos xa de tantas noticias malas…..puxémonos mans á obra e decidimos non parar ata atopar un montón de boas noticias: leímolas, falamos e traballamos sobre elas….

E finalmente fixemos un gran mural de BOAS NOVAS!!!


martes, 7 de abril de 2015

Día da poesía 2015

Este ano para conmemorar o día da poesía, todo o cole participamos na actividade: "Enredando poemas".  A través da cal, pasiño a pasiño, fomos elaborando unha fermosa enredadeira de poemas.

A continuación podedes ver o resultado do noso traballo.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...