domingo, 29 de noviembre de 2015

PARA SABER MÁIS DE D. XOSÉ NEIRA VILAS

O autor do libro máis traducido en língua galega, ademáis dun gran escritor foi un home moi comprometido ca nosa língua. Nos Encontros de Coordinadores de Bibliotecas Escolares de Galiza, afirmou, que máis importante que Memorias dun neno labrego fose o máis lido ou que persoas de diferentes países se interesasen por este libro ou polo seu autor, é que persoas de moitos países coñezan que neste recuncho do noroeste peninsular hai un país que conta cunha fala de seu e cunha cultura de seu. Esta frase marca en gran medida o seu pensamento.
Grazas.

Aquí podedes consutar moitos datos sobre a súa biografía e obra pero, asegúrovos que o máis interesante é escoitalo. Se tedes uns minutos dedicádeos a escoitar a este gran autor e loitador da nosa lingua e cultura.

FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS.

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS.

NEIRA VILAS FALA DAS TRADUCIÓNS DE MEMORIAS DUN NENO LABREGO.





NEIRA VILAS

O pai de Balbino, ese persoaxe no que moitos galegos se sentiron identificados, finou o venres 27. Sempre estará conosco a través da súa obra e dos seus persoaxes.




Dende o IESP Xosé Neira Vilas elaboraron este fantástico traballo.




Aqui podedes escoitar unhas palabras de Xosé Neira Vilas falando da importancia da publicación de libros en língua galega:

  Esta foi a intevención de Neira Vilas nos Encontros de Bibliotecas Escolares. Eu estiven presente nese encontro e vos podo asegurar que foi unha das actividades de formación máis proveitosa ás que asistín nos meus anos como docente. Grazas. CLICADE AQUÍ PARA VELO VÍDEO

miércoles, 25 de noviembre de 2015

25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES





Hoxe é 25 de Novembro un día no que tristemente debemos clamar contra a violencia que se exerce contra as mulleres, polo mero feito de selo. Son moitas as palabras que podemos dicir e que de feito se din nestes días, pero quizais o máis importante son os feitos que debemos levar a cabo todos os que nun momento dado poidamos ser testigos desa violencia. Arropar ás víctimas e condenar aos culplables é imprescindible, pero neste momento, e dados os terribles casos que se estan a producir, todos os que calan, os que sendo testigos non actúan, tristemente convírtense en cómplices.
Neste vídeo podemos aprender o por qué desta data e en memoria de quen foi escollida:




viernes, 13 de noviembre de 2015

INDO PARA O SAMAÍN

Estes días estivemos traballando o Samaín no noso cole. O alumnado de 6º de ED. PRIMARIA preparou este traballo que agardo que vos guste.



miércoles, 4 de noviembre de 2015

SAMAÍN NO COLE

Celebramos o Samaín un ano máis. Aquí podedes ver imaxes das actividades que levamos a cabo:
  • Taller de galletas/araña
  • Degustación de postres da tempada.
  • Festa de disfraces de Samaín.
  • Contacontos......

SAMAÍN from curicuxa on Vimeo.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...