Xa chegou decembro...e con el a visita das madriñas e padriños lectores do Nadal que viñeron cargadiños de contos estupendos da nosa biblio e que lles encantaron aos máis pequenos!! Aquí vos deixamos un video resumo da visita!!
Como cada ano dende a biblioteca promovemos a actividade dos PADRIÑOS LECTORES!! Unha actividade moi ben acollida por grandes e pequenos! Neste mes de novembro arrancamos coa primeira visita dos nosos particulares PADRIÑOS e MADRIÑAS con lecturas do outono e do samaín!! Velaí vos vai un resumo, agardamos a visita do vindeiro mes.
Chegou de novo o deporte escolar!!E os alumnos/as de 3º non quixeron perder esta saída. Participaron o pasado venres 25 de novembro e aquí vos deixamos algunhas imaxes que recollen o ben que o pasaron!!
"A violencia contra as mulleres e as nenas é unha violación dos dereitos humnaos, unha pandemia de saúde pública e un grave obstáculo para o desenvolvemento sostible.... Sae moi cara ás familias, as comunidades e as economías .... O mundo non se pode permitir pagar ese precio" - Ban Ki-moon, Secretario Xeral da ONU.
PARA TRABALLAR NA AULA SOBRE ESTE TEMA CLICADE AQUÍ
Do 14 de Novembro ao 9 de Decembro poremos na entrada do centro unha mesa na que calquer membro da comunidade educativa poderá escoller un libro a cambio dun quilo de: fariña, azucre, fabas, lentellas, garavanzos ou por unha conserva (atún, xardiñas).
Os alimentos que se recollan serán entregados a cáritas (Ponte Caldelas).
Grazas por colaborar na campaña LIBROS POR QUILOS.
Conta cun importante programa de actividades (algunhas delas de balde), e aínda que todas son moi interesantes (Teatro co grupo BAOBAB Teatro, guerra de almofadas, pasarrúas,...) vos transmito o consello que me deron de asistir ás charlas do pediatra Carlos González o sábado 24 ás 17 h. no Teatro Principal de Pontevedra, e o domíngo ás 11 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Este pediatra e escritor é autor de libros de gran éxito :
Mi niño no me come, 1999
Bésame mucho. Cómo criar a tus hijos con amor, 2003
Manual práctico de lactancia materna, 2004
Un regalo para toda la vida, guía de lactancia materna, 2007
Igual que o curso, a obra "O Cataventos" chega ao seu final. Aqui redes o desenlace desta obra interpretada polos compañeiros e compañeiras de 6ºA. Esperamos que os guste e bo verán!
domingo, 19 de junio de 2016
Acercase o final da obra "O cataventos" que pasara? Non os perdades os últimos capítulos desta obra
sábado, 18 de junio de 2016
Otro episodio da obra " O cataventos" interpretada polos rapaces e rapazas de 6ºA. Esto ponse interesante...
viernes, 17 de junio de 2016
Un día mais unha nova entrega da obra "O Cataventos" interpretada polos compañeiros e compañeiras de 6ºA .Disfrutade!!
jueves, 16 de junio de 2016
Aquí tedes unha nova entrega da obra "O Cataventos" interpretada polos compañeiros e compañeiras de 6ºA .Disfrutade!!
O noso centro está situado na rúa Concepción Arenal de Ponte Caldelas. Pareceunos unha boa idea aprender algo máis sobre ela, e así o alumnado de 6º A do noso centro elaborou este vídeo no que vos tamén podedes coñecer algúns datos da súa biografía. Grazas ás "actrices" Silvia e Rebeca por colaborar nesta "tarefa".
Dende a aula de Audición e Linguaxe realizamos esta actividade de expresión oral, para a que utilizamos os materias elaborados polo alumnado para o DÍA DA POESÍA. Unha morea de poemas feitos utilizando pictogramas e cunha temática moi variada.
Hoxe celebramos o día das Letras Galegas homenaxeando a Manuel María:
No noso centro estamos a levar a cabo unha serie de actividades que rematarán a próxima semana, pero mentres aquí tedes recursos e vídeos en torno a figura do poeta.
Esta semana coincidindo coas celebracións do Día do Libro, os nenos de infantil recibiron a visita das súas madriñas e padriños lectores que viñeron cargadiños dun bo lote de contos clásicos xa que ao longo da semana serán estes contos o eixe do resto das actividades. Agardamos que bos guste este breve resumo.
Este ano cúmplense os 400 anos da morte de Miguel de Cervantes Saavedra. É o escritor, en lingua castelá, máis coñecido e traducido a outras linguas. É o autor de El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha, ademáis doutras importantes obras como La Galatea, Novelas ejemplares,....
Aquí tedes unha serie de enlaces para aprender máis sobre a súa vida:
Un ano mais podemos disfrutar dunha nova edición da radio no blogue da biblioteca do cole. Este ano a obra titulase "O Cataventos" e esta interpretada polos rapaces e rapazas de 6ºA. Esperamos que os guste!!
Este vídeo foi realizado polo alumnado de 1º de BACH do IES das Barxas e con el nos explican dun xeito incriblemente sinxelo conceptos como Inclusión, segregación, exclusión,...
Con estas palabras nos explican o seu traballo.
"Con este traballo intentamos explicar, de xeito sinxelo, conceptos claves que teñen que ver coa convivencia e co respecto ás persoas, a través das que teñen diversidade funcional, inmersas, xunto ás súas familias, nunha loita para que as administracións e a sociedade, en xeral, sexan quen de garantir a atención que faga efectivos os seus dereitos que, ao final, son os de tod@s.
Este é un proxecto dos Departamentos de música e inglés do IES As Barxas, e forma parte das actividades que desenvolvemos dentro do proxecto do Erasmus + SAFTAS, e foi presentado en Nápoles o 17 de marzo pasado".
Si algo podemos dicir sobre o autismo e que non é unha enfermidade. Un neno ou unha nena autista ten unhas características específicas que as definen como persoas.
Coñecemos moi pouco sobre o autismo, as súas causas e características. O que sí sabemos é que non hai un só tipo de persoas autistas sinon que a diversidade e amplitude é moi grande, por iso na actualidade se fala de espectro autista. O cine contribuiu a coñecelo a través de películas como Rainman, pero desgraciadamente, estableceron uns patróns que non se dan necesariamente na realidade. Este documentai nos pode axudar a compreder algo máis sobre el. Clicando AQUI, podedes ver María y yo de RTVE
Este mes coincidindo cos festexos do día da poesía, as nosas madriñas e padriños lectores visitaron aos nenos e nenas de infantil para ler con eles algúns poemiñas e rimas.
Con retraso, pero aquí tedes este fantástico traballo do IES XOÁN MONTES sobre mulleres que aparen en selos de diferentes países, mulleres notables e sin embargo esquecidas. É un extraordinario traballo de documentación, que agradecemos comparta con todos.
Pero tamén con este título se xoga co doble sentido da palabra seladas. No seu significado propio de mulleres ás que se lles puxo un selo na súa boca para que non falasen, que non denunciasen a súa situación.
Neste mapa podedes ver os países nos que aparecen o selo e si clicades nas figuras veredes datos da súa biografía e a imaxe do selo.
Neste outro traballo do IES Monte das Moas podedes ver a biografía de mulleres do noso país que tamén destacan nos seus campos. Grazas por compartir este traballo.
Fina Casalderrey estivo connosco para entregar os premios do concurso sobre a súa obra. Esta actividade contou coa participación de moito alumnado do centro. Aprendimos moitas cousas sobre a súa obra, e sobre esta extraordinaria mestra e escritora.
Grazas profe Margarita Fontán por organizar esta actividade.
O "ESPACIO DE PENSAMENTO E INNOVACIÓN EDUCATIVO" ENIAC, ven de publicar un artigo no que nos amosa unha serie de webs que nos axuda a investigar sobre a arte prehistórica.
Como cada mes aquí vos deixamos un breve resumo da visita das nosas madriñas e padriños lectores. Os máis pequenos do cole pasaron un anaco moi divertido escoitando un montón de contos e historias. Velaí vos vai!!
O alumnado de 6º A e B elaborou estes vídeos nos que nos falan de persoas que deixaron a súa pegada na historia. Algúns deles como Teresa de Calcuta ou Gandhi adicaron a súa vida aos demáis ou a causa da paz, pero outros como Julio Verne ou Saint-Exupéry fixéronnos soñar con mundos mellores ou abriron as nosas conciencias a outras culturas e países, ou alertáronnos do perigo das armas e as guerras. Millóns de persoas no mundo están traballando pola paz de xeito anónimo, simplemento cun sorriso, cunha palabra agradable ou axudando a alguén que o precise, estamos traballando pola paz.