jueves, 26 de enero de 2017

O ALUMNADO DE 3º ESTIVO NA RADIO PARA FALAR SOBRE A PAZ

O alumnado de 3º participou nun programa de radio da nosa emisora RADIO NOVA, para falar sobre o Día da Paz, e do que traballaron de cara a ese día.
Unha das actividades xirou en torno ao libro O monstro de cores, e trata sobre as emocións e de como identificalas. A outra atividade tratou sobre o libro Soy un punto, que toca a temática da inmigración e da colaboración.



PAZ NA RADIO 2017 from curicuxa ponte caldelas on Vimeo.

PREPARANDO O DÍA DA PAZ

miércoles, 25 de enero de 2017

PADRIÑOS LECTORES XANEIRO

Chegou un novo ano e con él continuamos recibindo a visita das madriñas e padriños lectores.
Nesta ocasión aproveitaron que está moi preto o día da PAZ, para traerlle aos mais pequenos un montón de libros relacionados con esta celebración.
Aquí vos deixamos un montón de fotos da actividade!!!!

   
Padriños xaneiro from Departamento de orientación on Vimeo.

lunes, 23 de enero de 2017

OBRADOIRO DE XABRÓN

O alumnado de 3º fixo un obradoiro de xabrón. Este é o proceso:
INGREDIENTES:
  • Unha barra de glicerina.
  • Pétalos de rosa secos.
  • Colorante.
  • Esencia de rosas.
  • Aceite
UTENSILIOS:
  • Unha tarteira grande.
  • Un pau para remexer.
  • Moldes.
  • Dous recipientes de plástico.
ELABORAIÓN:
  • Troceamos a barra de glicerina.
  • Pomos a quentar a auga na tarteira.
  • Pomos a glicerina  a derreter na tarteira, pero dentro dos recipientes de plástico.
  • Poñemos o aceite nos moldes.
  • Poñemos nos moldes os pétalos de rosa secos.
  • Pomos a esencia de rosa.
  • Vertemos a glicerina derretida nos moldes.
  • Deixamos enfriar.
  • Por último, desmoldamos.










Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...