miércoles, 22 de marzo de 2017

PADRIÑOS LECTORES DE MARZO

Chegou marzo...o mes no que ademáis de entrar na primavera celebramos o DÍA DA POESÍA. E por iso os padriños lectores este mes viñeron cargados de poemas, pareados, rimas...
Uns días soleados nos que o pasamos xenial coas lecturas dos nosos padriños e madriñas.
Aquí tedes un breve resumo!!

domingo, 19 de marzo de 2017

OITO IMPORTANTES MULLERES GALEGAS

No seguinte enlace podedes coñecer a oito importantes e ,seguramente para a maioría, descoñecidas mulleres galegas.

https://docs.google.com/presentation/d/1R10StL6xV_demLQZk6QrpfW2A-h3cInk-_v5iq22vF0/edit?usp=sharing


Traballo elaborado no CEIP Virxe do Carme.

PRINCIPIÑAS E PRINCESIÑOS



"Principiñas e Princesiños", un vídeo que trata de recopilar as mensaxes de alumnos e alumnas de 4º de Primaria de colexios públicos de Pontevedra, participantes no programa nAmorAndo, financiado polo concello de Pontevedra (facebook.com/cim.pontevedra). Nel traballáronse a identificación e expresión das emocións básicas como forma natural de expresión en ambos sexos, a ruptura de estereotipos sexistas e a reflexión sobre tópicos do amor romántico.
nAmorAndo é un proxecto de Jone Ojeda (joneojedapsicologa.es)
vídeo realizado por el espejo mágico producciones (espejomagicoproducciones.com)
imaxe, edición e realización: Juan Carlos Pérez
Ilustracións: Tania Solla
Animación: Jose Aragunde





miércoles, 8 de marzo de 2017

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe é un día de loita pola igualdade de homes e mulleres, tanto no ámbito público como privado, nos traballos "fóra da casa" e dentro da casa. A igualdade debe ir máis aló dos recoñecementos públicos e legais. Por desgracia ter un dereito recoñecido non é o mesmo que ese dereito sexa respectado.















miércoles, 1 de marzo de 2017

180 anos do nacemento de Rosalía de Castro



O 24 de febreiro, cumpríronse os 180  anos do nacemento de Rosalía de Castro, a escritora que fixo renacer a lingua galega, pero tamén nos deixou o testemuño escrito dunha época na que moitos galegos deberon abandoar a súa terra para poder vivir. Nos seus poemas podemos ver a través das súas descripcións a Galicia labrega, os campos e as aldeas, así como as precariedades que sufrían. Pero ante todo trascende un profundo amor á súa terra: Galicia.

O alumnado do IES Laxeiro elaborou este manequing challenge:




Negra sombra. Poema de Rosalía de Castro interpretado por Luz Casal e Carlos Núñez:




A viaxe de Rosalia de Castro , de Larraitz Urruzola:




Visita á casa de Rosalía de Castro:









Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...