CLUB DE LECTURA

 "SEDA" 
Autor: Alessandro Baricco


O segundo título que escollimos para o noso clube trata dunha historia que se desenvolve no século XIX en Francia e Xapón. Durante esta época ocorren feitos importantes como o descubrimento da pasteurización por Louis Pasteur, a apertura do "Canal de Suez" (1869) que facía posible o percorrido entre París e Xapón en 20 días, a guerra do Xapón etc.
A historia desenvólvese arredor da cría e comercialización dos vermes da seda; para iso o protagonista ten que viaxar periódicamente a Xapón na súa procura, atravesando o lago Baikal ó que el chama: "mar", "demonio", "o último" e "o santo".
Regresa sempre o primeiro domingo de abril, xusto a tempo para a misa maior.
Está contada dun xeito sensible e romántico, cun vocabulario rico en adxectivos que fan imaxinar o suave que podería ser a seda producida da que di ".... Era como ter a nada entre os dedos...".
Pon de manifesto a capacidade de amar dun xeito altruista procurando a felicidade do "outro" sen importar a propia.





O club de lectura do cole botou a andar o martes 22 de outubro con nais/pais e mestras. Escollimos como primeiro título "DIARIO DE ADÁN E EVA" de Mark Twain. Aqui vos deixo algunhas reflexións sobre a lectura.

Foi o primeiro libro seleccionado polos membros do club de lectura posto en marcha a principios deste curso 2013-14 e que está formado por pais/nais e mestreas/as deste Centro.
Despois de lido, fixemos unha posta en común na que sacamos algunhas conclusións:
  • Foi doado de ler xa que é curto e ameno.
  • A historia está contada polos protagonistas en primeira persoa, de xeito curioso, ás veces cómico e en forma de diario.
  • Pon de manifesto unha serie de estereotipos presentes na sociedad en canto ás diferencias de sexos e ás funcións adxudicadas a cada un. 
  • Despois de múltiples contradicións, os protagonistas chegan tamén a conclusións:
    • Que a compañía enriquece o espírito, aínda que en ocasións se desexe a soidade.
    • Que o que é diferente atrae e precisamente no diferente se atpa o complemento.
    • Que o amor non é froito do raciocinio.
    • Que por ser diferentes tamén ven a vida de xeito diferente: un confórmase co que vive sen buscar as razóns e outro quere indagar nos motivos aínda que non haxa unha resposta. 
    •  
    • EL CURIOSO INCIDENTE DEL PERRRO A MEDIA NOCHE
       
      Neste libro puidemos ver cómo percibe un neno con Síndrome de Asperger a súa realidade, a súa cotidianidade, e cómo reacciona ante situacións inesperadas, fóra das súas rutinas diarias.
      Reflicte tamén as dificultades que deben afrontar as persoas que o rodean e conviven con el.
      Foi un libro próximo á realidade cunha narrativa sinxela e amena, de fácil lectura. Resultou moi entretido e instructivo, por achegarnos a unha realidade descoñecida para aqueles que non a viven directamente.
      O escritor, partindo dun feito inesperado e aparentemente  intranscendente, amosounos unha traxedia familiar oculta e as súas consecuencias para os protagonistas, dende a óptica dun neno autista.


      O protagonista é un neno cunha algunha malformación física no rostro, que o levou a padecer moitas intervencións cirúrxicas e unha situación familiar de sobreprotección. Cando se incorpora á vida escolar, e o fará directamente ao instituto, sabe que será o centro de interés para ben e para mal. Ante a crueldade mantense forte e equibrado chegando a crear un pequeno grupo de persoas coas que se sinte cómodo. Todo este equilibro se rompe coa "traición" do seu mellor amigo.
      Este é un libro de lectura doada e amena, pero a súa historia parece alonxada da realidade. Na vida real non todas as situacións conflictivas teñen un final feliz. En contraste co anterior, no que as figuras dos pais son moi próximas e reais, coas súas grandezas e miserias, neste caso semellan persoaxes case idílicos.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...