Agradecementos:

Grazas a tódolos que antes ca nos fixeron blogues e nos deron as súas ideas e o seu traballo, a os plambeeiros, e especialmente a tódolos participes desta aventura, e a ti pola túa visita. Grazas

"Cuanto menos se lee, más daño hace lo que se lee."
Miguel de Unamuno.

El verbo leer, como el verbo amar y el verbo soñar, no soporta 'el modo imperativo'.
Jorge Luis Borges

"Que otros se jacten de las páginas que han escrito; a mí me enorgullecen las que he leído”.
Jorge Luis Borges.

“Un libro abierto es un cerebro que habla; cerrado, un amigo que espera; olvidado, un alma que perdona; destruido, un corazón que llora”.
Proverbio Indú
.

"Lee y conducirás, no leas y serás conducido"
Santa Teresa de Jesús.

OS NOSOS ESCRITORES: CONTOS DE NADAL

O MENDIGO EN NADAL 
Autor: Manuel Estévez Murado

Facía varios días que Benxamín camiñaba por Carballeira. Nas últimas noites baixaran bastante as temperaturas. O Nadal estaba preto! Grazas á manta que lle regalou dona María,, a foiteira, o rapaz poido soportar o frío, detrás do mercado, resgardado da chuvia tiña a súa pequena mochiliña cun cartón de leite e un paquete de galletas que lle regalou a señora Carmen, a dona da tenda. A Benxamín gustaríalle poder tomar algo quente, pero dende que chegara a Carballeira non probara unha comida decente ou farturenta.
Carballeira era un pobo moi unido; todos os seus veciños convivían e se axudaban. Todos os anos celebrabann varias festas e comidas nas que participaban todos os carballeirenses: a comida da primavera, as festas do verán e a máis querida e entrañable festa de Noiteboa. Durante varias semanas os veciños preparaban a festa, mercaban os adornos para o polideportivo, preparaban as mesas, mercaban as bebidas,...
O día de Noiteboa os bos cociñeiros do pobo púñanse mans á obra e cociñaban moitas comidas diferentes. Por suposto, non podían faltar os mellores doces para os máis lambóns. A hora da cea toda Caballeira estaba no polideportivo. Todos se saudaban con bicos e apertas, estaba alegres e felices.
Antes de cear o alcalde daba un discurso no que falaba do unida que estaba a xente de Carballeria e que non pasaba en ningún outro pobo que coñecera. Agradecíalles a todos os veciños o traballo que fixeron.
Remataba o discurso dicindo que todos se podían sentir moi orgullosos de ser de Carballeira e felices porque non faltaba ninguén na cea de Nadal.
Todos os anos ó final do discurso os veciños daban un gran aplauso e comezaba o banquete.
Pero naquela ocasión ninguén aplaudiu. O pobo sentiu que faltaba algo. Logo se decataron que o neno vagabundo o que xa lle colleran cariño non estaba na festa. Rapidamente os rapaces foron na súa procura. buscaron detrás do mercado e por toda Carballeira pero non o atoparon. Cando os rapaces volveron ao polideportivo, ninguén tiña fame nin ganas de festa. Comeron algo e marcharon axiña ás súas casas moi tristes e preocupados.
Pero sucedeu algo extraordinario, cando chegaron as súas casas, cada familia tiña na porta un sobre; ao abrir a carta viron unha postal, unha felicitación de Nadal que dicía:

Queridos amigos:
Deséxovos unha moi feliz Noiteboa. Agradézovos todo o que fixestes por min. Teño que seguir o meu camiño pero nunca vos esquecerei.
Benxamín.

Aquela noite os caballeirenses foronse ás súas camas pensando que quizais poderían ter feito algo máis polo seu pequeno visitante e gustaríalles atoparse algún día e nalgún lugar con Benxamín. Dende entón, cada cea de Noiteboa, Carballeira pon un anuncio no xornal invitando a Benxamín coa esperanza de que volva ó pobo.

                                                                           FIN


PEPITO
Autor: Manuel Di Noto Gálvez.

Hola:
Chámome Pepito, sempre me preguntei o que era. Ata que un día pensei que era un avestruz. Eu son o máis alto da famiolia, o máis mimado e o que máis come. Eu, extrañábame moito. Cada ano no Nadal o meu amo collía a un parente meu e levábao. Uns instantes despois aíanse fortes cacareos e un barullo tremendo. Dinme conta dos meus orixes a través dos cacarexos dos meus familiares. Era un pavo. Eu sempre fun o máis mimado e o máis acariñado polo meu amo. O resto do corral tíñanme unha envexa tremenda. Un día eu estaba comendo, e de súpeto, todos se riron de mín. Eu non o entendía. O chegar o solpor un dos polos máis cativos desveloume un segredo. O segredo era que o amo cebábame para ir ao forno. O principio eu non me creía nada, pero despois imaxineime recheo de trufas e a 180 graos. Entón tomei a gran decisión de adelgazar, non podía comer. O cabo dunha semana perdín 8 kg e o amo quedou abraiado porque así non me podía comer. O día seguinte todolos pavos, polos e pitas reuníronse e decidimos facer un plan para planear unha estratexia de fuga. O día seguinte ás 2:30 horas da tarde xa non había nin ovos no curral. Cando veu o amo e viu iso casi lle da un table. andivemos vagando polo prado ata atopar un lugar seguro onde vivir. Ese bosque era adaptado para nós.
                                                 Colorín colorado estes pavos están salvados.



A MAXIA DO NADAL
Autora: Andrea Domínguez Rodríguez

Fai moitos anos o 5 de xaneiro os Reis Magos cando estaban repartindo os agasallos déronse conta de que faltábanlle os agasallos de Alfonsiño. Qué ían facer? A noite estaba a piques de rematar, on podían volver de volta a Oriente a polos agasallos que deixaron atrás. Non podía deixar ó pobre Alfonsiño sen agasallos, entón a Melchor ocurréuselle buscar un taller de carpintería. Atopouno nun pobo pequeniño do interior de Lugo.
Unha vez alí, Os Reis Magos contáronlle a historia ao dono do taller que era un ancián que traballaba só.
Os Reis dixéronlle que o neno pedira un tren con pista, un tractor con remolque, un coche de carreiras e por último un cabaliño de madeira e o ancián díxolles que só lle quedaba un coche de carreiras. E que non lle caba tempo de facer os outros xoguetes. Entón os Reis propuxéron lle axudar para acabar a tempo.
O ancián deulle un martelo a Melchor, unha serra a Baltasar e un taladro a Gaspar e puxéronse a traballar en cadea.
O tempo botábaselle enriba e para fastidiala acabóuselle a madeira.
O anciá e Baltasar tiveron que adentrarse no bosque para talar árbores e regresar correndo ó taller para rematar o xoguetes a tempo.
O fin remataron a tarefa cando faltaba 1 hora para o amencer.
Os Reis cargaron os xoguetes nos camelos e despedíronse do anciá.
Marcharon a correr cara á casa de Alfonsiño que non quedaba moi lonxe de alí, deixáronlle os xoguetes a car´n da chimenea xusto a tempo cando o reloxo estaba dando a última campanada.
Así foi como rematou a noite do 5 de xaneiro.

                                                                            FIN




A MAXIA DO NADAL
Autor: Daniel Rodríguez Suárez.

O mes de Decembro xa estaba a chamar á porta e a ilusión dos nenos e nenas empezaba. Nas rúas a iluminación estaba a anunciar a entrada do mes máis máxico. Os catálogos dos xoguetes enchían as caixas de correo das vivendas. Nesta época do ano, as persoas saen para realizar as súas compras natalicias, xa que é unha boa forma de deixar de lado todos os problemas que acumulan durante o ano.
Daniel era un neno moi estudioso que tiña o fútbol como actividade de ocio. A súa nai estaba coas súas notas do 1º trimestre.
Coa chegada do Nadal, a nai preguntoulle cales eran os seus pedidos a Santa Claus. Dani vira todos os catálogos dos xoguetes pero nada lle chamaba a atención, pediu á nai un único presente, o peque de dez anos tiña a ilusión de coñecer ó seu futbolista favorito. Cristiano Ronaldo e así o pediu como regalo de Nadal. Inés quedou moi admirada co desexo, xa que era case imposible cumprilo. Ela para facer posible o único regalo que lle pedira o neno, escribiu unha carta ao propio presidente do Real Madrid pero apenas lle dixeron que sería imposible, Inés contou con el debido ao coñecemento mediático do xogador. ante tal resposta Inés intentou contactar co programa da televisión "Hay una cosa que te quiero decir", pero non obtivo unha solución.
Inés vía como o soño do seu fillo Dani ía tendo menos posibilidades de realizarse. Ademáis, o traballode Inés complicábase aínda máis xa que tiña que ir a Lisboa para pechar uns negocios. Durante a estadía en Lisboa, Inés aprofeitou algún tempo para ir de compras e procurar algo para ofrecer ó neno en Nadal. Lembrouse que Cristiano Ronaldo tiña unha tenda próxima ao hotel onde estaba, e foi ver se había algo que puidese alegrar ó seu fillo.
A lonxa do famoso futbolistas tiña a súia propia irmá como xestora, entón Inés comentoulle o asunto. A irmá de Cristiano explicou que era un pedido realizado con moita frecuencia, pero ía facer unha chamada telefónica para ver en que lle podería axucar. A nai de Dani vía que era a súa última oportunidade, e así foi, xa que o propio Ronaldo se interesou pola situación.
Na véspera de Nadal Dani viu como a árbore adornada estaba quedando con moitos presentes, pero ningún o deixaba contento. Chegou a hora de abrir os regalos, pero había un paquete pequeno que a nai non deixaba abrir ata o final. Dani abriu o misterioso regalo, pero non entendía porque lle serviría aquel DVD.
A nai conectou o ordenador e reproduciu o DVD. Na pantalla xurdiu o propio Cristiano Ronaldo explicando que cando era neno tiña pedido polo Nadal coñecer a Luis Figo, o seu ídolo. Ronaldo tanto o desexou que conseguiu cumprir o seu soño e que agora quería facer posible o que a súa fama lle permitía. Así que, estaba invitado ao partido Real Celta de Vigo - Real Madrid en Balaídos. Tamén coñecería aos restantes xogadores do club a través dunha entrada especial para o hotel de concentración. Ante tal gravación, os ollos de Dani ficaron cheos de bágoas, xa que podería cumprir o seu soño.
O Real Madrid chegaba a Vigo e Dani esperaba este momento desde había dous meses. O partido era o sábado e Dani só podía ir ao hotel de concentradión despois de pasar o partido. Inés acompañou ó seu fillo ao partido, onde o seu ídolo marcou un hat - trick. O día seguinte foron ó hotel, onde tiveron un encontro con todos os xogadores e claro con Cristiano Ronaldo. Este ofreceulle unha camiseta asinada por todos e unhas botas coa sinatura do propio Cristiano.
Daniel saía do hotel e só dicia:
"O que se pode tornar realidade coa maxia do Nadal"



A NOITE DE REIS
Autora: Tarikwa De La Fuente Sierra.

No ano 2011 paso algo moi estraño. Aos Reis Magos desaparecéronlles os agasallos mentras estaban na cabalgata. Foi o paxe de Melchor que deu a voz de alarma. Cando os nenos marcharon as súas casas para cear e deitarse, os Reis emprenderon o camiño á comisaría para denunciar o roubo.
Ah! Esquecíame dicirvos que os ladróns eran xente boa porque querían que os nenos e nenas que nunca tiveran agasallos tamén os recibisen.
A policía sospeitaba dunha muller chamada Maruxa Chocas. O comisario de garda imaxinou onde estaría pero equivocouse. Camiñou polas rúas e non deu atopado á ladroa.
Naqueles momentos Maruxa Chocas xa se atopaba repartindo os agasallos nun pequeno barrio de Cuchiporras, chamado Cuchiporrín. Era tan pobre que non habían nin casas nin edificios, só chabolas feitas de cartóns, latón e plásticos.
Os nenos e nenas estaban alucinados pois por primeira vez recibían agasallos na noite de Reis.
Esa noite os Reis Magos dixáronlle a dcada neno e nena unha carta explicando o motivo de non ter recibido agasallos.
Os Reis Magos marcharon ser saber qué foi dos agasallos.




A ARBORE MÁXICA
Autor: Nicolás Rodríguez Lores.

Ola amigos! Que tal estades? Eu son Xoán, o fillo de Carmen e de Xosé. Teño nove anos e vivo no Suído, que está cerquiña dunha fraga chea de carballos, castiñeiros, piñeiros,.... Na véspera do nadal saín cos meus pais á fraga en busca de leña. Somos unha familia moi humilde, e meus pais gañan o xornal cortando leña para logo vendela. Como vos ía dicindo, fumos á fraga, xa estabamos a rematar a tarefa dispostos a marchar para casa, cando de súpeto nun claro da fraga apareceu ante nós a árbore máis fermosa que os meus ollos tiveron visto xamais. Non é que fora moi grande, máis bend era miúda, pero tiña unhas cores e un porte maestuosos.
Rogueille ós meus pais que non fixeran leña con esa árbore. Tanto chorei e chorei que ao fin os convencín de levar a árbore para nosa casa.
Nós non tiñamos adornos de Nadal nin cousas desas, pero mamá que era moi xeitosa, apañou unhas poucas piñas, flores e boliñas vermellas de acivro. Deixou a árbore máis bonita do que a atopamos.
Cando papá voltou á casa de vender a leña, a cea do Nadal xa estaba na mesa, non había máis casa de vender a leña, a cea do Nadal estaba na mesa, non había máis ca un pouco de calde e unha empanada de raxo que fixera mama por seres Nadal. Papa quedara abraiado co bonita que era a árbore.
- Bueno, dixo papa, non é a mellor cea do Nadal do mundo, e este ano tampouco imos ter regalos pero estamos xuntos e queremonos moito e iso é o máis importante.
Marchamos contentos e cansos para a cama, o día seguinte era "O Nadal" e nós non iamos ter regalos pero si moito traballo.
-Xoán, neno, esperta! Ven ver isto! Alí, ao pé da árbore e había moreas de regalos. Regalos para min, para papá e para mamá.
Roupa, xoguetes, comida, louza, unha máquina de coser, un acordeón,... moreas e moreas.
- Mamá, isto foi cousa da árbore, xa che dixen que era máxica!
- Si filliño si, oi cousa da árbore!

                                                                           FIN









Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...